O Concello de Nigrán da resposta ás peticións de estudantes e opositores e amplía o horario da biblioteca de 9.00 a 21.00 ininterrompidamente

A instalación, na que se renovará a inicios de novembro o equipo informático, acaba de obter unha subvención de 2.220 euros para a compra de exemplares.