O Concello de Nigrán construirá 36 nichos no Cemiterio Municipal de Parada

O goberno conta coa aprobación da Consellería de Sanidade para a regularización deste camposanto, como publica hoxe o BOPPO. O proxecto, dotado cun orzamento de 34.272 euros, será sufragado ao 100% por fondos municipais.