O Concello de Nigrán acolle a primeira proba do Campionato Zonal de Duatlón Escolar en Porto do Molle

Na competición, que tivo lugar o domingo 19, participaron 78 rapaces de entre 9 e 15 anos distribuídos en catro categorías. O percorrido discorreu entre a rúa das Pontes e a rúa dos Lagares do parque empresarial con distancias entre 2.750 e 11.000 metros