O Concello de Nigrán abre un novo concurso para a conservación e reposición das zonas verdes do municipio

Como novidade, inclúese un réxime sancionador á adxudicataria no caso de incumprimento do contrato e amplíase o persoal requerido a seis traballadores. O presuposto de licitación ascende a preto de 200.000 euros ao ano cun período de prestación do servizo de catro anos