O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DESDE MAÑÁ O PRAZO PARA PRESENTAR OFERTAS AOS QUIOSCOS DE PRAIA DO MUNICIPIO

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DESDE MAÑÁ O PRAZO PARA PRESENTAR OFERTAS AOS QUIOSCOS DE PRAIA DO MUNICIPIO

O periodo de explotación volve a ser desde o 1 de maio ata o 30 de setembro, comprendendo 8 postos en todo o litoral

Nigrán 14/04/21.- O Concello de Nigrán abre desde mañá e ata o 5 de maio o prazo para a presentación de ofertas para explotar os quioscos de praia este verán, retomándose a tempada desde o 1 de maio (o ano pasado por mor do Covid-19 comezara o 1 de xullo) ata o 30 de setembro, tal e como publica hoxe o BOP. O Concello de Nigrán oferta 7 quioscos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 3 en Praia América, un destes de venda de churros) e amplía o custe proporcionalmente ao ano pasado, cando só estiveron 3 meses operativos. Os prezos oscilan desde un mínimo de 2.500 € do quiosco de Area Fofa ata o máximo de 24.000 € en Praia América e, como o ano pasado, os pregos obrigan ao adxudicatario a cumprir en todo momento a normativa Covid-19.

Os interesados poden presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello, estándo as bases penduradas na sede electrónica da web municipal (taboleiro de anuncios) ou impresas na Oficina de Información Cidadá.

“Hai que ser optimistas e ter en conta que este verán, fronte ao ano pasado, os quioscos retoman o seu periodo de explotación habitual. Temos que ter en conta que este é un servizo de praia que dá traballo a diferentes familias e que, ao mesmo tempo, os cidadáns agradecen”, indica o alcalde, Juan González.

Bases Quioscos Praias

Anuncio Apertura Prazo