O Concello de Nigrán abre de novo o prazo de inscrición para participar no desfile de Entroido

Para anotarse deben acudir ao Rexistro do consistorio o martes 16 ou o mércores 17 de febreiro. As organizacións que se anoten nesta última convocatoria formarán parte da comitiva pero non poderán optar aos premios.