O CB Nigrán organiza o II Torneo Basket Sen Barreiras para romper obstáculos sociais a través do deporte

Na competición participarán 170 xogadores da entidade, o Centro Juan María e o club Amfiv e recadaranse donativos para a AECC. Unha marcha simbólica contra o cancro inaugurará o evento, que terá lugar os días 21 e 22 de marzo no Pavillón de Deportes de Panxón