Novo persoal na Oficina de Turismo de Nigrán

O Concello de Nigrán ven de contratar a unha nova técnica de turismo grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra. Esta persoa ofrecerá información e atención ao público na Oficina Municipal de Turismo ‘Dunas de Gaifar’, adherida á rede de oficinas ‘Info Rías Baixas’. A previsión é que  esta persoa esté dispoñible desde o 6  de setembro ao 4 de decembro de 2023.