A campaña Descobre Nigrán ofrece para os próximos novas opcións de lecer para toda a familia. Mañá sábado haberá unha nova convocatoria de Descubre Nigrán en bicicleta eléctrica, con saída ás 10.00 horas no concello, desde onde se realizará unha ruta duns 20 quilómetros, que recorre os principais puntos de atractivo turístico e natural do municipio. Desde a praia de Patos, pasando por Monteferro, Panxón, Praia América, o Estuario da Foz, Ponte Románico, pazo de Rabadeira, Río Muiños e Porto do Molle, volvendo ao centro de Nigrán. Máis información e inscricións nas oficinas de turismo.
O domingo poderase gozar dunha nova sesión de Descubre Nigrán en Piragua, con saída ás 10.00 horas desde a sede do Club Piragüismo Val Miñor, en Panxón. A duración da travesía é de dúas horas, aproximadamente, unha actividade ideal para realizar con familiares e amigos.
O luns 19, unha nova ruta de sendeirismo con Descobre As Nosas Rutas, con saída ás 18.00 horas desde a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón. Este luns a ruta realizarase polo carreiro Circular das Medoñas, en Priegue, un percorrido de 8 kilómentros, cunha duración estimada de tres horas e dificultade media-alta. Esta ruta permite visitar un petróglifo no barrio da Mamoa, datado de entre o terceiro e o segundo milenio A.C. e o punto máis alto do municipio, o Miradoiro dous Outeiros, a máis de 400 metros de altura. Inscricións nas oficinas de turismo.