‘Noite Moura’ en Parada o 4 de Xuño

NOME DOS EQUIPOS CORRECTAMENTE INSCRITOS:

Maléficos- Rillando no esterco- Frikis Club- Cabreira Funesca- sin rumbo- Argonautas do Miñor – Pereiras Power más uno – Os Gamusinos de Panxón – Amodiño – Trisquel – Saxan – Bravos mini – Bravos – Hipogrifos – Os Comebacon – Parranderas – Las Super Nenas – Los Lentos – Rayo Maqueen – Los Golfillos – Las Golfas

DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRICIÓN (na Oficina de Turismo de Panxón (Gaifar) o 30 e 31 de Maio de 9:30 a 14:00 horas e o 1 de Xuño de 9:30 a 12:00 horas).

DESCARGAR INFORMACIÓN COMPLETA

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE O SÁBADO 4 DE XUÑO NA CONTORNA DE MONTECASTELO UNHA PROBA NOCTURNA DE ORIENTACIÓN E AVENTURA DIRIXIDA A TODO TIPO DE PÚBLICO

Está dirixido só a empadroados no municipio. A inscrición é de balde e está aberta do 30 de Maio ao 1 de Xuño ás 12:00 horas na Oficina de Turismo de Panxón de 9:30 a 14:00 horas

Toda a información polo miudo está pendurada da web municipal, onde se pode descargar a ficha de inscrición. A actividade de equipo (de entre 2 e 5 persoas) combina orientación con mapa e probas ‘especiais’, establecéndose dúas categorías

Nigrán, 28.05.22.- O Concello de Nigrán ofrece o sábado 4 de Xuño a súa primeira ‘Noite Moura’ na contorna de Monte Castelo (Parada), unha proba nocturna de orientación e aventura dirixida á veciñanza co obxectivo de por en valor a zona mediante unha actividade innovadora segura, saudable e de carácter familiar. Novamente, a empresa galega ‘Territorio Comanche’ a deseñou expresamente para o Concello.

Os interesados en participar, en equipos de entre 2 e 5 persoas (todas elas imprescindible que estean empadroadas no municipio de Nigrán) poden anotarse de balde na Oficina de Turismo de Panxón (Gaifar) o 30 e 31 de Maio de 9:30 a 14:00 horas e o 1 de Xuño de 9:30 a 12:00 horas. O máximo son 150 participantes e a selección realizarase tendo en conta a orde de inscrición e comprobando que todos os membros de cada equipo estean efectivamente censados no municipio, polo que a lista de admitidos será publicada a mañá do venres 3 de Xuño en www.nigran.es. En calquera caso, resulta recomendable ler previamente as bases na mesma web e levar xa cuberta a ficha de inscrición que alí figura.

A actividade arrancará ás 21:30 horas do sábado 4 de Xuño partindo desde o campo de fútbol de Parada. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable de 6 a 12 km aprox, por terreo de bosque, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento sobre as lendas e mitos galegos. O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media, penalizándose o retraso. Os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles decidindo libremente a orde de busca e o ritmo a seguir (andando ou correndo), non sendo obrigatorio o paso por todos eles, polo que a condición física ou idade non é o relevante, o importante é o factor estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo.

Como xa se mencionou, os equipos deberán estar formados por un mínimo de 2 integrantes até un máximo de 5, e se establecerán dúas categorías: XOVENES CASTORES (onde a lo menos, haxa unha persoa menor de 12 anos) e EXPLORERS (todos maiores de 12 anos e obrigatorio polo menos un maior de idade). Todos os participantes recibirán o material necesario para a realización da proba, contarán con seguro de responsabilidade civil e de accidentes. Os tres primeiros clasificados de cadansúa categoría recibirán diferentes premios, entre eles, una bautismo de surf con Prado Surf e cócteles no Pénjamo, unha invitación a un almorzo ou cea no Chac Mool e un pequeno almorzo ou brunch no Coffe&Meal.