INSCRICIÓN STANDS PARA PROFESIONAIS
INSCRICIÓNS MERCASO SEGUNDA MAN, INTERCAMBIO DE VIDEOXOGOS, CARTAS, MANGAS…


O CONCELLO DE NIGRÁN ESTREA O 23 DE MARZO O EVENTO ‘NIHON NIGRÁN’ ADICADO Á CULTURA POP XAPONESA
O pavillón de Panxón será durante todo o sábado un escenario xaponés de cosplay, gaming, artes marciais, manga, tendas especializadas, gastronomía, mercadillo de segunda man…
“A mocidade de Nigrán demandaba un evento deste tipo e, precisamente,o podemos ofrecer grazas a especialistas da comarca que se envorcaron co Concello para poder organizalo”, explica o alcalde, Juan González
Os profesionais interesados en ter un stand e os particulares que desexen participar na feira de segunda man poden inscribirse xa a través dun formulario web en www.nigran.es
Nigrán, 28/02/24.- O Concello de Nigrán propón iniciar a Semana Santa en Xapón sen necesidade de desprazarse do municipio. Esta ‘viaxe intercontinental’ gratuíta será posible grazas a ‘Nihon-Nigrán’, o primeiro evento do Val Miñor adicado íntegramente á cultura pop xaponesa e que terá lugar durante todo o sábado 23 de marzo coincidindo co inicio das vacacións escolares. Cosplay, gaming, artes marciais, manga, tendas especializadas, gastronomía oriental, mercadillo de segunda man, charlas, obradoiros… farán do Pavillón de Panxón (de 10:00 a 21:00 horas) o paraíso dos afeccionados á estética nipona. Neste sentido, os profesionais interesados en ter un stand e os particulares que desexen participar na feira de segunda man e intercambio poden inscribirse xa a través dun formulario web en www.nigran.es
“A mocidade de Nigrán demandaba un evento deste tipo e, precisamente, o podemos ofrecer grazas a especialistas da comarca que se envorcaron co Concello para poder organizalo”, explica o alcalde, Juan González, en referencia a David Miguez (quen rexentou durante anos un bar temático en A Ramallosa), a coñecida cosplayer da comarca Melanie, e ‘H’ (nickname dun especialista en cartas de rol que se coñecen como ‘Magic’). A eles tres súmase a propia Escola Municipal de Cómic de Nigrán, con moito alumnado interesado no mundo manga e anime (tipo de comic e ilustración propios de Xapón), coa súa directora Coral Martínez á cabeza. De feito, ela foi a responsable de realizar o cartaz ‘Nihon Nigran’. “Baseeime na estética cyberpunk, onde as cores neón lembran a un universo dixital e futurista; a figura feminina é protagonista e leva complementos propios do cosplay e o manga (un brazo robótico e ás) e entre as súas mans invoca un mando de videoconsola e unhas cartas Magic, así todo o máis relevante deste evento queda plasmado nunha soa imaxe”, resume.
A feira, en definitiva, está pensada para que desde o momento en que un acceda ao Pavillón de Panxón se sumerxa na cultura máis pop de Xapón a través de inifinidade de opcións: desde obradoiros manga a charlas sobre difentes aspectos vinculados coa temáica da feira, explicacións de diferentes xogos de mesa ou das cartas Magic, posibilidade de probar videoxogos (tekken, Lol, Smash), lettering xaponés, origami... E, entre as actividades máis chamativas, figurará o concurso de cosplay (representación de personaxes, moi habitualmente de cómics manga ou anime) cos cosplayers máis destacados de toda a comarca ou as demostracións de artes marciais que terán lugar pola tarde (ninjutsu, jiujitsu, sombae). Ademais, tengo en conta que a cultura pop xaponesa interesa a idades moi dispares que, fundamentalmente oscilan desde os 8 aos 50 anos, o evento contará con monitores para crianzas de 3 a 6 anos.
“É o noso primeiro evento pero a idea é mantelo cada ano e ir mellorando en cada edición tendo en conta que nos estreamos dunha maneira moi ambiciosa, abarcando moitísimas temáticas”, resume o rexedor.


