Nigrán traslada ao Salón de Actos Municipal o contacontos “O circo dos contos”

O mal tempo previsto para mañá sábado obriga a trasladar o contacontos infantil “O circo dos contos” programado para as 19.00 horas na Praza do Concello. A actividade, que pon o broche final á programación especial do Día do Libro, desprazarase ao Salón de Actos Municipal.