Nigrán suma Area Fofa a súa lista de praias con bandeiras azuis

O Concello de Nigrán conta desde o día de onte cunha nova bandeira azul ondeando nos seus areais, coa incorporación de Area Fofa ás praias recoñecidas polo máximo distintivo medio ambiental das praias do territorio nacional, que recoñece tanto a calidade das súas augas como as infraestruturas coas que contan e os servizos que ofrecen.

O goberno municipal iniciou o pasado ano as xestións necesarias para lograr esta terceira bandeira azul de ADEAC para a cala de Monteferro, “unha praia paradisíaca e especialmente cálida pola súa orientación, quedando protexida do vento norte”, observou o rexedor municipal.

Valverde avanzou tamén que o goberno municipal seguirá traballando para alcanzar un fito histórico para o municipio, lograr en 2014 catro distintivos de ADEAC, coa recuperación da bandeira na praia de Panxón. “Neste sentido, o rexedor municipal insistiu na calidade tanto das augas como do areal en sí, a pesar de non obter o distintivo este ano. “Seguiremos traballando por dotar ao noso seis quilómetros de costa de catro bandeiras azuis”, subliñou.