Nigrán oferta un curso de defensa persoal para mulleres

O Concello de Nigrán oferta un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres maiores de 16 anos, que se impartirá nas instalacións do colexio público Humberto Juanes, entre o 24 de marzo e o 23 de abril, os martes e venres de 18.00 a 20.00 horas. As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición no CIM de Nigrán, no 986 38 30 81.