Nigrán obtén 65.664 euros para a mellora de camiños rurais procedentes do Plan Marco da Xunta de Galicia

O Concello de Nigrán obtén unha subvención por valor de 65.664 euros procedentes do Plan Marco da Xunta de Galicia para a mellora de camiños rurais, que o goberno municipal empleará en tres viales da parroquia de Camos, máis concretamente, Milisozas, Lodeiro e Rial.

Este programa da adminitración autonómica ten como obxetivo a ampliación, mellora e mantenemento dos camiños do rural galego, e está financiado con fondos FEADER da U.E.