O goberno municipal acomete actuacións de recuperación e mellora de parques infantís do municipio cun investimento superior aos 60.000 euros, proveniente do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra. “Se non xorden imprevistos, os traballos de acondicionamento dos parques infantís estean finalizados para o vindeiro venres 12 de xullo, e o seu desenvolvemento non afectará o funcionamento do parque, xa que só pecharanse aquelas zonas nas que se estea traballando”, sinala o rexedor municipal, Alberto Valverde.
Tal e como se avanzase, as actuacións afectarán os parques públicos de maior capacidade e dimensións do municipio, Panxón, Praia América e A Ramallosa. Os traballos consistirán en mellorar as instalacións xa existentes, pintado e reposición de xogos nun avanzado estado de deterioración, o arranxo do valado, e mesmo a substitución parcial do firme arenoso por chan de caucho, “moito máis seguro e hixiénico que a área”, observa Valverde.
O rexedor municipal subliña a importancia destas actuacións, especialmente nos tempos que vivimos, e felicita á Deputación de Pontevedra por iniciativas destas características. “Dar aos nosos fillos e ás nosas familias un espazo de lecer e un punto de encontro en óptimas condicións de seguridade e hixiene é traballar por mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, engade.