NIGRÁN COA VOLTA CICLISTA DE ESPAÑA

O Concello de Nigrán apoia a Volta Ciclista de España, que pasará o venres 12 de setembro polo noso municipio. Por esta razón, dende a Concellería de Deportes, Cultura e Turismo se quere facer na praia de Panxón un mosaico con bicicletas escribindo Nigrán coa volta. Para elo, precisamos a colaboración d@s veciñ@s con bicicletas. As primeiras 350 bicicletas terán un agasallo. Máis información e inscrición na oficina de turismo Dunas de Gaifar: 986 36 87 34.