O Salón de Actos municipal acolleu a presentación da programación deste Nadal baixo a lema “O Nadal está en Nigrán”, un completo calendario de lecer e tempo libre para todos os públicos, que na tarde de hoxe dará o pistoletazo de saída co tradicional acendido de luces ás 18.00 horas.
Unha axenda completa e variada que ofrece alternativas de lecer todos os días entre a Ponte da Constitución e o día 3 de xaneiro, e que concluirá o próximo 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reyes. “Unha programación que é sen dúbida o broche de ouro a un ano rebosante de alternativas de lecer, deporte e cultura tanto para veciños como para visitantes”, sinalou o rexedor municipal.
Neste sentido, Valverde subliñou o labor do seu equipo de goberno, que a pesar das dificultades por todos coñecidos nestes tempos, soubo xestionar de forma óptima os recursos municipais, “e que nos permite pechar este 2013 coa programación deportiva, cultural e de lecer máis completa dos últimos anos”, apuntou.
Entre as actividades presentadas hoxe, a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, destacou a Exposición de Arte e Decoración a cargo de Aurora do Campo “Ita”, responsable da exitosa mostra de casas de bonecas que se celebrou o pasado mes de febreiro, que desde hoxe e até o próximo 15 de decembro estará aberta ao público no Salón de Actos municipal.
A mostra, consistente nunha recompilación dos traballos dalgúns alumnos de “Ita”, contará cun centenar de elementos de decoración como arcones e baúis, figuras de marmolina, cadros elaborados en distintas técnicas, lámpadas, mantelería, centros de mesa, casas de bonecas, etc. A exposición poderá ser visitada de forma gratuíta no Salón de Actos municipal até o próximo 15 de decembro, de 18.00 a 20.00 horas.
Nadal solidario
A solidariedade é a nota que predomina en todas as actividades organizadas polo concello, nas que se solicita a colaboración dos veciños mediante a doazón de alimentos non perecedoiros e/ou perecedoiros de longa duración para nutrir o fondo de alimentos municipal. Para iso, habilitarase un punto de recollida en todas as actividades destas festas.
Neste sentido, o rexedor municipal lembrou a ampliación do horario de apertura do roupeiro municipal para o depósito ou recollida de roupa e xoguetes, abrindo todos os mércores de decembro de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 18.00 horas e os xoves de 10.00 a 12.30 horas.
Nigrán Xogolandia
Con todo, o gran atractivo destas festas será un ano máis Nigrán Xogolandia, que se celebrará no Pavillón Municipal de Panxón entre os días 25 e 30 de decembro, en horario de 16.00 a 21.00 horas, ampliando desta forma un día máis as súas datas de apertura habituais.
“Un evento lúdico para toda a familia deseñado por este goberno con máis de 1.000 metros cadrados de diversión, que chega á súa terceira edición cargado de novidades, entre as que cabe subliñar a instalación dunha pista cuberta de mini-quads no exterior do pavillón”, explicou Silva.
Nigrán Xogolandia contará tamén con sete inchables, talleres infantís de maquillaxe, debuxo, máscaras, globoflexia, etc., unha pantalla xigante con videoconsolas, proxección de películas de animación infantil, xogos infantís, e moitas máis sorpresas que poderán gozar locais e visitantes polo módico prezo de 1€ os adultos e 2€ os nenos.
“Un evento que ademais de ofrecer unha alternativa de lecer económica para toda a familia, sen a necesidade de desprazarse fose do municipio, dará traballo a catro monitores de tempo libre do municipio”, agregou a concelleira.
Ludoteca gratuíta
Como adiantou o goberno a pasada semana, a gran novidade na programación destas festas é a habilitación no Salón de Actos municipal unha ludoteca de acceso libre e gratuíto, que permanecerá aberta en horario de mañá todos os días laborables entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro. Unha iniciativa que ten o dobre obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar dos veciños de Nigrán, así como fomentar as compras do Nadal no comercio local, xa que non será necesaria a reserva de praza previa.
Papá Noel
Un ano máis, o Pavillón Municipal de Deportes de Panxón albergará o domingo 22 de decembro a terceira edición do Papá Noel Solidario, a partir das 16.30 horas, co que ademais de celebrar o Nadal, os máis pequenos que entreguen agasallos e/ou alimentos non perecedoiros e perecedoiros de longa duración para o fondo municipal, entrarán no sorteo de moitos agasallos e sorpresas.
A este Papá Noel solidario sumaránselle os xa coñecidos Papá Noeles moteiros, que percorrerán o sete parroquias do municipio nos seus vespas a partir das 17.00 horas.
Pola súa banda, Prado Surf Escola e Patos Surf organizan de forma conxunta a oitava edición do seu Papá Noele Surferos, o fin de semana previo a Noiteboa, aínda que o día está sen determinar á espera de coñecer con máis seguridade as condicións meteorolóxicas.
Festa para os maiores
Os maiores teñen tamén cabida na programación do Nadal de Nigrán. Por iso, e tras o éxito da primeira edición, a concellaría de Benestar Social organiza por segundo ano consecutivo o II Guateque Anos 60 para Maiores de 60, que terá lugar o vindeiro xoves 26 de decembro nas instalacións do Salón de Actos municipal entre as 19.00 e as 22.00 horas. Un evento deseñado para que os maiores de Nigrán celebren as festas e despidan o 2013, e que contará coa actuación especial do Dúo Azar.
A todas estas actividades súmanse o Mercadillo Solidario da E.E.I. As Dunas, novas saídas da campaña Descobre As nosas Rutas, teatro infantil, os xa tradicionais festivais de corais e acordeóns, a actuación da escola municipal de música e o XIX Torneo de Xadrez Laroca, que xunto coa programación dos centros culturais, veciñais e deportivos completan a axenda para este nadal en Nigrán.
Cabalgata de Reyes
No entanto, a programación destas festas concluirá o próximo 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reyes, que do mesmo xeito que pasado ano estará precedida polos carteiros reais de Vesdespacio Miñor, que iniciasen o percorrido por todas as parroquias entre as 15.00 horas e as 17.30 horas. A comitiva real ao completou partirá entón desde a Casa Consistorial en dirección ao Pavillón Municipal de Panxón, onde os Reis Meigos recibirán aos máis pequenos á finalización da mesma.