O Concello de Nigrán aprobou na sesión plenaria do mes de abril a liquidación do orzamento de 2014 cun resultado positivo de 1.504.045,97 euros, e un remanente de tesouraría próximo ao tres millóns de euros, sendo o terceiro ano consecutivo que Nigrán pecha o exercicio cun remanente en positivo.
Do remanente de tesouraría, son utilizables para gastos xerais neste exercicio 1,3 millóns de euros, cumprindo esta liquidación cos obxectivos de estabilidade orzamentaria, como recolle o informe da liquidación.
A débeda viva de Nigrán, que no ano 2009 chegou a superar os 6 millóns de euros, sitúase en 2014 en 1,2 millóns, unha cifra que como recolle a normativa vixente, poderíase reducir a través do remanente de tesouraría, reducindo o endebedamento a través da amortización de préstamos.
Ao peche do exercicio, a débeda é inferior a un 10% do orzamento municipal, moi por baixo do máximo autorizado polo estado para as administracións locais, un 70% do orzamento.
Período medio de pago a provedores
Nigrán pechou o exercicio 2014 cun período medio de pago a provedores no cuarto trimestre do devandito exercicio de 13,65 días, menos da metade do período medio de pago establecido por lei, que é de 30 días.