Nigrán abre o período de inscricións para as escolas municipais

O Concello de Nigrán abrirá o vindeiro xoves 11 de setembro o período de inscricións para as escolas municipais do curso 2014/2015, que comezarán o próximo 1 de outubro, unhas actividades abertas a toda a poboación, con prioridade para aquelas persoas empadroadas no municipio.

Este curso, as actividades deportivas para menores de 16 anos serán patinaxe artística, taekwondo e tenis, e para maiores de 16 aeróbic, ximnasia de mantemento e para maiores, ioga, taichí e tenis. Entre as actividades culturais programadas polo goberno municipal figuran pintura, cerámica, torno e música.

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo de luns a venres no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, en horario de 17.00 a 21.00 horas. Para formalizar as inscricións deberán entregar as solicitudes debidamente cumprimentados