‘MULLERES, CIENCIA E MÁIS’

DESCARGAR PROGRAMACIÓN

SCAPE ROOM: BASESSOLICITUDE DE INSCRICIÓNAUTORIZACIÓN MENORES

O CONCELLO DE NIGRÁN ARRANCA DO 11 DE FEBREIRO
AO 13 DE MARZO A SÚA PROGRAMACIÓN ESPECIAL BAIXO O TÍTULO ‘MULLERES, CIENCIA E MÁIS’

Trátase do cartel máis ambicioso do Concello ao respecto ao incluír teatro, contacontos, un scape-room, cine, monicreques, a exposición ‘Bravxs’ e, como remate, o concerto de Aldaolado

Iníciase no Auditorio cun teatro con motivo do ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’, mentres que este luns 7 de febreiro abren as inscricións para participar no scape-room ‘Estrelas’

Nigrán 03/02/22.- O Concello de Nigrán arrancará o 11 de febreiro co gallo do ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’ a súa programación máis ambiciosa ao respecto ao extenderse ata o 13 de marzo e incluír obradoiros, teatro, contacontos, un scape-room, cine, monicreques ou a exposición ‘Bravxs’. Máis dunha vintena de eventos e actividades que se integran tamén na conmemoración do 8-M, Día Internacional da Muller, e que está financiado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

“Trátase do cartel máis extenso xamais realizado desde o Concello e está pensada para chegar a todo tipo de públicos tendo en conta en cada actividade a perspectiva de xénero como fío conductor”, explica o alcalde, Juan González, mentras que a edil de Igualdade, Patricia Diego, engade que, como é habitual, algunhas serán abertas ao público en xeral e outras se realizarán directamente nos centros educativos.

Aínda que a programación arranca este día 11 de febreiro coa función de teatro “Ciencia que alimenta” a cargo da compañía Roto e Descosida, (Auditorio Municipal, 19:00 horas), este luns 7 de febreiro abre o prazo de inscrición para participar no scape-room ‘Estrelas’ sobre a biografía de varias mulleres relevantes (o ano pasado fíxose nos institutos con gran éxito). Este celebrarase o 13 de febreiro ás 11:00 horas nas inmediacións do Pavillón de Panxón. Toda a información, incluídas as bases e a autorización, están penduradas na web www.nigran.es.

Programa

Venres, 11 de febreiro. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Representación teatral “Ciencia que alimenta” a cargo da compañía Roto e Descosida, no Auditorio Municipal as 19:00 h. A obra abrangue unha sucesión de experimentos científicos ou demostracións de algún concepto da ciencia que son realizados por dúas personaxes, un profesor científico (toda unha eminencia) e o seu axudante (burlón, pasota e un chisco toupón). A ciencia require estudo, atención e esforzo, pero a recompensa (o coñecemento), pode ser moi grande para as persoas que se achegan a ela.

Do 11 de febreiro ata o 11 de marzo. Exposición “Bravxs: mulleres científicas, investigadoras e inventoras” Consta da ilustración de dez caras de mulleres relevantes no ámbito científico a cargo de Marta Riera e da súa correspondente biografía. Irase rotando nos seguintes centros educativos: I.E.S. Val Miñor, I.E.S Escolas Proval, C.E.P.I. Arquitecto Palacios. A iniciativa conta coa colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a cofinanciación da Federación Española de Municipios e Provincias.

Domingo 13 de febreiro: Scape Room ‘Estrelas’ nos alrededores do Pavillón Deportivo Municipal ás 11:00 h. Actividade de escapismo. As persoas participantes deberán superar unha serie das probas ao redor da biografía de varias mulleres relevantes. Para participar será necesario realizar unha inscrición previa

Domingo, 20 de febreiro: cine infantil ‘Bella y el circo mágico’. No Auditorio Municipal ás 17:30 h.

Sábado, 5 de marzo: espectáculo de monicreques ‘Cousas de casa’ a cargo da compañía “Mircromina Títeres no Auditorio Municipal ás 18:30 h. Este espectáculo realiza un percorrido, de forma lúdica e divertida, por conceptos que permiten reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes en distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do pai nos coidados.

Contacontos:

Xoves 3 de marzo: C.P.I Da Cruz-Camos e C.P.I. Angel de la Guarda: Contos vellos novos finais, a cargo de Caxoto. Diagnosticando a igualdade

Venres 4 de marzo: C.P.I. Arquitecto Palacios e C.P.I. Carlos Casares: Contos vellos novos finais, a cargo de Caxoto. Diagnosticando a igualdade.

A actividade é un espectáculo de narración oral, no que se abordarán contidos relativos á igualdade laboral (teito de cristal, fenda salarial, reparto laboral segundo o sexo…)

Martes 8 de marzo: Iluminaranse de cor violeta lugares emblemáticos e colgarase unha pancarta alusiva ao 8M no balcón do edificio consistorial

C.P.I. Humberto Juanes: “Cinema de historias da man de Alice Guy. A nai do cinema ”, a cargo de Raquel García Rodríguez (Raquel Queizás). Ralizaranse dúas sesións. A actividade mestura a narración co teatro e o cinema ao redor da figura de Alice Guy-Blanché, primeira persoa en dirixir un filme de ficción, pioneira nos efectos especiais e na linguaxe cinematográfica (planos, iluminación, atrezzo, caracterización …), fundadora do que máis tarde se denominaría produción executiva. Tamén foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, cómica e maga.

Mércores, 9 de marzo: C.E.I.P. Mallón . Cartas con ciencia a cargo de “Donde viven los cuentos”. O fío condutor da actividade serán as cartas recibidas por Elena Ojea, veciña de Nigrán e licenciada en Ciencias Ambientais que recibiu o premio Muller Científica do IES Val Miñor. Darase a coñecer a súa figura como muller relevante na ciencia, a través de proxectos coma o Future Oceans Lab na Universidade de Vigo, un grupo de investigación sobre sistemas mariños e cambio climático. Cada carta terá coma remitente unha muller galega científica, poñendo en valor a súa profesión e loita pola igualdade.

Xoves, 10 de marzo: Escola Infantil ‘As dunas’: ‘As gafas violetas’ a cargo de Voltereta e Volvoreta.

Domingo, 13 de marzo Actuación musical “O Benquerer(se). No Auditorio Municipal ás 19:00 h. a cargo de Aldaolado. Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Cun afiado sentido do humor, Aldaolado falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, do amor a unha mesma e de todos aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara o empoderamento. Para isto parten de experiencias propias que aparecen nas historias e poemas, pero tamén chaman por mulleres que marcaron a nosa historia.