O CONCELLO DE NIGRÁN PROMOVE UN ANO MÁIS A COMPRA DE ROSCAS DE PASCUA NAS PANADARÍAS DO MUNICIPIO
O lema desta campaña desenvolvida xa o ano pasado é ‘Merca a Pascua nas panadarías de Nigrán’, ao tempo que argumenta os prinicpais beneficios de comprar localmente
Nigrán 08/04/22.- O Concello de Nigrán continúa coa súa campaña para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza apostando novamente nesta semana Santa pola compra de Pascua nas panadarías do municipio, todas elas con longa tradición na elaboración de roscas ou chocolates e listas para recibir encargos. Como xa o fixo o ano pasado, o Concello de Nigrán elaborou unha cartelería específica que distribuirá en redes sociais e nos propios negocios baixo o lema ‘Merca a Pascua nas panadarías de Nigrán’ .
O Concello ven incentivando a través de diferentes campañas a filosofía #VivoEnNigránComproEnNigrán ou ‘Eu son de mercar en Nigrán. E ti de quen vés sendo?’. “En Nigrán temos panadarías históricas cun bo facer incuestionable, neste sentido, mercar local é sinónimo tamén da máis alta calidade, por iso o destacamos”, sinala o alcalde, Juan González .
“Porque somos veciños. Porque a riqueza queda no pobo. Porque axudas ás persoas emprendedoras a manter a boia os seus negocios. Porque aínda que agora o tápe a máscara sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque evitas maiores desprazamentos e resulta ecolóxico. Porque ti nos impórtas… :)”. Estes son algúns dos motivos que o Concello ofrece novamente.