O goberno municipal habilita dúas novas orejeras na Avenida Rosalía de Castro, á altura de Celso Emilio Ferreiro, unha medida que se complementará coa construción dun paso de peóns elevado, que ten como obxectivo incrementar a seguridade viaria neste punto da rúa, moi transitado, especialmente en horario escolar, pola súa proximidade ao colexio Humberto Juanes.
Esta actuación enmárcase no proxecto de acondicionamento e mellora das beirarrúas na PO-552 (Rosalía de Castro e Avenida Val Miñor), que está a ser executado polo goberno municipal a través dun plan de investimentos da Deputación de Pontevedra por valor de 160.000 euros.