A Parranda de San Pedro conseguiu reunir este ano a máis de 500 persoas na súa tradicional peregrinaxe desde A Ramallosa até Morgadáns, en Gondomar, un percorrido duns 9 quilómetros que desde hai máis de 90 anos realízase como mostra de fe a San Roque. As actividades da Parranda empezan á primeira hora, prolongándose ao longo de todo o día. Música, comida, charanga e diversión até as 19.00 horas, cando a Parranda recollerá os seus bártulos e iniciará a viaxe de volta aos seus respectivos fogares.