O Salón de Actos municipal acollerá mañá sábado 30 de novembro o tradicional magosto, nesta ocasión orientado aos máis pequenos da casa. A partir das 17.00 horas, poderán gozar de castañas asadas, conta contos, talleres infantís e a representación dunha obra de teatro dirixida a fomentar a igualdade de xénero e en contra da escravitude e o sometemento dunha persoa a outra.
Así mesmo, a concellaría de Turismo, Cultura e Deportes informa do corte ao tráfico rodado da Avenida Castelao á altura do concello a partir das 16.00 horas, con motivo da celebración do magosto, e lembra a existencia do parking gratuíto na Rúa Vilameán para estacionar os vehículos.