Inscricións ‘Proxecto Ríos’

Formulario de Inscrición (preme aquí)

O CONCELLO DE NIGRÁN SÚMASE ESTE DOMINGO 26 DE SETEMBRO AO PROXECTO RÍOS DE ADEGA CUNHA LIMPEZA PRETO DA DESEMBOCADURA DO MUÍÑOS

Os interesados nesta nova cita medioambiental deben anotarse a través da web do Concello como límite este venres ás 13:00 horas. O punto de encontro é o aparcamento da antiga escola de vela ás 18:00 horas

Nigrán, 20/09/21.- O Concello de Nigrán súmase por séptimo ano consecutivo este domingo 26 de setembro á Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social que, neste caso, terá lugar no río Muíños desde as 18:00 horas. Os interesados deben inscribirse antes deste venres 24 de setembro ás 13:00 horas a través do formulario web www.nigran.es. O punto de encontro é o aparcamento da antiga escola de vela en Praia América ás 18:00 horas e a duración aproximada de 1,5 horas. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, luvas e auga. O Concello participa xunto a outras 50 localidades de toda Galicia e más de 65 entidades.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.