Inscricións ‘Paseando cara a Compostela’

INSCRICIÓNS ‘PASEANDO CARA A COMPOTELA’ PREMENDO AQUÍ

O CONCELLO DE NIGRÁN ORGANIZA UNHA PEREGRINAXE DESDE
A GUARDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA EN SEIS ETAPAS INDEPENDENTES

Comeza o sábado 7 de Outubro con A Guarda-Baiona e continúa cada sábado ata o 11 de Novembro, cando culmina en Compostela

O custe total é de 50 € e inclúe o transporte de ida ede regreso de cada xornada e a tramitación da credencial. As inscricións están abertas a través de un formulario na web www.nigran.es e o pago debe facerse este venres

Nigrán, 02/10/23.- O Concello de Nigrán amplía o programa ‘Paseando Nigrán’ fora do municipio para así organizar unha peregrinaxe a Santiago de Compostela desde A Guarda en seis etapas independentes polo Camiño Portugués pola Costa que comprenderán tódolos sábados desde este 7 de Outubro ao 11 de Novembro. O obxectivo é fomentar os hábitos saudables ao tempo que se favorece a socialización e o coñecemento do noso patrimonio material e inmaterial. custe total é de 50 € e inclúe o autobús de ida e volta de cada etapa (saída e regreso na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar) e a tramitación da credencial oficial do peregrino. O prazo de inscrición xa está aberto a través dun formulario web en www.nigran.es tendo prioridade os empadroados e asistentes ao programa ‘Paseando Nigrán’, e o pago debe efectuarse o venres 6 de Outubro na Oficina de Turismo de Gaifar de 8:00 a 13:30 horas.

As etapas son de 20-30 km cada unha, polo que é preciso atoparse en boas condicións físicas, e realizaranse en horario matinal. Ademáis, cada asistente debe levar o seu propio avituallamento e chaleco reflectante. Este sábado sería desde A Guarda a Baiona; o sábado 14 de Baiona a Vigo; o sábado 21 Vigo-Pontevedra; o 28 Pontevedra-Caldas; o sábado 4 de Novembro Caldas-A Esclavitude e, finalmente, o sábado 11 de Novembro A Esclavitude-Santiago de Compostela.