INSCRICIÓNS AQUÍ
O CONCELLO DE NIGRÁN INICIA OS TRABALLOS PARA CREAR UNHA NOVA HORTA COMUNITARIA NO SEU CENTRO URBANO
Os interesados en traballar neste espazo de 104 metros cadrados do parque Vázquez Grela poden anotarse a través dun formulario web en www.nigran.es
O obxectivo é poder cultivar directamente na terra e non en maceteiros. “A raíz do éxito da situada na Ramallosa moitos veciños nos están demandando más espazos nos núcleos urbanos, por iso esta zona en pleno Nigrán cremos que é a ideal”, explica o alcalde, Juan González
Nigrán xx/10/22.- O Concello de Nigrán inicia este mércores a súa andaina para contar cun segundo horto urbano comunitario no parque Vázquez Grela (Nigrán) da man da cooperativa local ‘SomosTerra’ (encargada tamén de dirixir os cultivos nos centros escolares de Nigrán promovidos desde o Consistorio). Este sumarase ao creado na Ramallosa o pasado mes de abril baixo a mesma dirección pero, neste caso, será cultivando directamente 104 metros cadrados de chan e non sobre grandes maceteiros. Os interesados en participar poden inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es. O obxectivo é continuar traballando en equipo e de xeito colaborativo con obradoiros as tardes dos mércores, aínda que nun futuro aquí se podería deixar un pequeno espazo para que cada usuario o empregue libremente.