Inscricións Limpeza de Praias

INSCRICIÓNS AQUI

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE AS INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR O DOMINGO 16 DE OUTUBRO NA ‘LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS’ ORGANIZADA CON ADEGA

Nesta edición o traballo centrarase nas praias de O Carreiro e Cansadoura, ao carón de Patos. Os interesados deben anotarse previamente no formulario web de www.nigran.es

Nigrán, XX/10/22.- O Concello de Nigrán súmase como cada ano o domingo 16 de Outubro á ‘XI Limpeza Simultánea de Praias” coordinada pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrará no Carreiro e Cansadoura (ao carón de Patos). A xornada terá lugar desde ás 11:30 horas (o punto de encontro ao lado da Residencia de Tempo Libre de Patos, na explanada) e se extenderá durante 1,5 horas. Os interesados en participar deben inscribirse antes do venres 14 a través do formulario web en www.nigran.es.

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

“É un día de sensibilización e concienciación medioambiental no que se pon de manifesto a necesidade da correcta xestión dos residuos ao tempo que amosamos que as pequenas accións valen moito”, subliña o alcalde, Juan González.