INSCRICIÓN SAN SILVESTRE

FORMULARIO DE INSCRICIÓN SAN SILVESTRE SOLIDARIA-CONCELLO DE NIGRÁN

O CONCELLO DE NIGRÁN RECUPERA A CARREIRA SAN SILVESTRE SOLIDARIA A TARDE DO 31 DE DECEMBRO POLO PASEO DE PANXÓN

A inscrición debe realizarse a través dun formulario web ata o día anterior ou ata completarse os 200 inscritos e os participantes deben aportar no mesmo día 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco Municipal

Nigrán, 17/12/21.- O Concello de Nigrán recupera este ano a carreira San Silvestre Solidaria o venres 31 de decembro para despedir 2021. A proba deportiva

, non competitiva, consta de 4 km e será con saída ás 17:00 horas desde o Paseo de Panxón para chegar ao final de Lourido e regresar. Os interesados poderán participar inscribíndose previamente a través dun formulario web en www.nigran.es ata o día anterior ou ata cubrirse o aforo de 200 prazas e achegando ese mesmo día 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal. Os dorsais recolleranse tamén o mesmo día de 10:00 a 16:00 horas no Pavillón.

“A aposta deste goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que a mellor maneira de despedir o ano é precisamente facendo deporte, facéndoo en comunidade e coa máxima seguridade e divertíndonos para que sexamos quen de incorporalo aos hábitos dos máis pequenos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán e quen iniciou no 2015 a celebración desta proba que forma parte ineludible xa do calendario deportivo nigranés con centos de participantes edición a edición.