INSCRICIÓN OBRADOIRO ‘ILUSTRA O TEU CONCELLO’

INSCRICIÓN AO OBRADOIRO INFANTIL DE DEBUXO MURAL ‘ILUSTRA O TEU CONCELLO’

O CONCELLO DE NIGRÁN PRESENTA ESTE DOMINGO O LIBRO ILUSTRADO ‘NIGRÁN NO CAMIÑO DA COSTA’ PRECEDIDO DUN OBRADOIRO INFANTIL

Os autores, Ramón Quintas e Noelia Muíños, realizaon ex-profeso esta publicación para o Concello con 14 debuxos ‘busca e atopa’ baseados nas 7 parroquias do municipio

O obradoiro infantil está dirixido a crianzas de 8 a 14 anos empadroados no municipio que realizarán un mural colectivo en forma de mapa da localidade

Nigrán, 29.11.22.- O Concello de Nigrán presenta este domingo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o libro ‘Nigrán no camiño da costa’ realizado ex-profeso para o consistorio por Ramón Quintas e Noelia Muíños, propietarios da tenda-estudio Papelier en Baiona, ambos ilustradores e deseñadores gráficos. A entrada é de balde ata completar aforo. Previamente, ás 17:00 horas, dirixirán un obradoiro para crianzas de 8 a 14 anos empadroadas en Nigrán que consistirá na elaboración dun mural colectivo en forma de mapa resaltando puntos representativos do Concello (para participar é preciso inscribirse previamente no formulario web www.nigran.es e as plazas están limitadas a 15).

A idea de publicar o Concello esta obra xurdíu despois de que Ramón Quintas e Noelia Muíños presentasen o ano pasado o seu primeiro libro ‘O Camiño Portugués de Costa’ cun capítulo adicado a Nigrán. “Tivo moita aceptación e gustaron moito as ilustracións, así que nese intre pensamos en que nos fixesen un adicado só ao noso municipio porque é certo que hai pouco información sobre o Camiño adaptada ao público infantil“, explica o alcalde, Juan González. Tras meses de traballo e documentación xurde este libro tamén ‘busca e atopa’ (ao estilo de ‘Onde esta Wally?’) con 14 debuxos representativos das 7 parroquias de Nigrán e con cadanseu pequeno texto en galego, castelá e inglés e divididas segundo comprendan ao Camiño Oficial, Camiño pola Costa (variante) e Outros puntos de Interese. O fin agora é entregar exemplares a cada colexio e que tamén figure nas oficinas de Turismo. A maiores, o Concello realizou un calendario para distribuir entre a veciñanza que comprende todas as páxinas do libro.

Ofrece unha perspectiva diferente de cada parroquia, de xeito que nun único debuxo se concentran paisaxes, tradicións ou monumentos”, explica Noelia. O outro gran atractivo é que ademais de figurar elementos representativos, hai outra menos evidente pero vinculada ao lugar, como o presidente da Comunidade de Montes de Monteferro camiñando co seu gorro e bastón polo lugar, músicos na Foz, animais na coñecida como ‘illa de Thali’…

As ilustracións foron realizadas partindo dun primeiro boceto a lapis traballado polo míudo, despois pasaron ese boceto a tinta e o colorearon con acuarela, engadindo só dixitalmente as grandes superficies como o ceo. “É un traballo o 95% a man”, explican estes dous ilustradores que se coñeceronna facultade de Belas Artes de Pontevedra e que despois emigraron xuntos a Austria onde desenvolveron durante 7 anos a súa carreira profersional, no eido da ilustración e do deseño gráfico, asi como a docencia artística (na súa tenda-estudio de Baiona continúan a impartir obradoiros monográficos).