II Semana da Diversidade Sexual de Nigrán

DESCARGAR PROGRAMA

CONCELLO DE NIGRÁN E SOCIEDADE GALEGA DE SEXOLOXÍA OFRECEN A ‘II SEMANA DA DIVERSIDADE SEXUAL’ CENTRADA NAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

As xornadas terán lugar o 21 e 22 de maio no Auditorio Municipal con entrada de balde ata completar o aforo permitido ou en streaming previa solicitude a eventossogasex@gmail.com

Incluirá proxección de documentais, películas, mesas-debate con expertos, teatro, obradoiros e a presentación do ‘Equipo DES’, formado por activistas con discapacidade intelectual e funcional

Nigrán, 14.05.21.- Concello de Nigrán e Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) ofrecen o 21 e 22 de maio no Auditorio Municipal a ‘II Semana da Diversidade Sexual’ cun amplo programa centrado nesta edición nas persoas con discapacidade intelectual e funcional. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias e tamén se poderá seguir en streaming previa solicitude a eventossogasex@gmail.com. O programa completo pode descargarse na web municipal (Próximos eventos > ‘II Semana da Diversidade’). Estas xornadas que se encadran no proxecto do goberno local ‘Un Nigrán para todos’.

“O esquema monosexual, validado polos mandatos de xénero, non nos permitíu ter representacións da diversidade sexual. É por iso que hai relatos e expresións que estiveron silenciadas, oprimidas, mesmo violentadas. É polo que siguen existindo moitos mitos sobre a sexualidade, afectividade e erótica das persoas con diversidade funcional; moitas barreiras que condicionan a satisfacción das súas necesidades afectivas e sexuais; e moitas dificultades que limitan os seus dereitos sexuais e reprodutivos”, indican desde SOGASEX. Por iso, a propost, nesta 2ª Semana da Diversidade Sexual de Nigrán, é proporcionar unha dieta saudable de imaxes e narrativas, que permita visibilizar algunhas sexualidades non normativas; outros corpos, identidades, afectos e eróticas sexuais que se escapaban ao modelo reprodutor-produtor patriarcal; e poder contribuir a que cada persoa poida escribir a súa propia biografía sexual e que conte con un axeitado acompañamento e una educación afectivo sexual encamiñada a vivir e a expresar a súa sexualidade.

Baixo este obxectivo, esta segunda edición arrancará o venres ás 18:00 horas coa presentación do alcalde de Nigrán e a presidenta de SOGASEX e posterior proxección a cargo do Cineclub Val Miñor Alice Guy do documental ‘Yes, we fuck’ e a película ‘El último verano de boyita’, con posterior mesa-debate a cargo, entre outros, do profesor de Historia do Cine Español ‘Alfonso Castaño e a actriz e activista intersex Laura Vila Kremer.

O sábado 22 retomarase ás 10:00 horas coa charla sobre ‘Sexualidade e Diversidade’ do sexólogo Gaspar P.Tomás Díaz e a proxección do documental ‘La habitación’. A continuación, ás 12:00 horas, presentarase o ‘Equipo DES’ coa presenza dos seus integrantes, estando formado por persoas con discapacidade intelectual, lesbianas, gays, bisexuais, heterosexuais e profesionais do eido da discapacidade e a sexualidade que loitan polos dereitos de todas as sexualidades e discapacidades promovendo o respecto e a convivencia. Xa despois de comer, ás 16:00 horas, a sexóloga Emma Placer dirixirá o obradoiro ‘Diversidade e Xogo’ e Laura Vila protagonizará a obra teatral ‘Que no salga de aquí’. O día rematará cunha mesa redonda a cargo de psicólogos de APAMP e Avelaíña e posterior conversa co público.