I CICLO CULTURAL ARXENTINA-NIGRÁN

 

O CONCELLO E O CONSULADO ARXENTINO UNEN INTERESES PARA PRESENTAR DURANTE TODO O MES DE MAIO O ‘I CICLO CULTURAL ARXENTINA-NIGRÁN’

O ciclo foi inaugurado coa exposición colectiva ‘Im-perfectos e dispares. Un diálogo entre fotógrafos arxentinos e galegos’ e consta tamén de proxeccións no Cine Municipal os días 7, 14 e 23 de maio e un concerto homenaxe a Gardel en Galicia o día 24 na Praza da Biblioteca

“Estamos moi agradecidos ao Consulado por facilitarnos todas estas actividades que contribúen a reforzar o vínculo histórico entre Arxentina e Galicia”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca “a oportunidade única de poder ver en cine en Nigrán películas arxentinas moi premiadas e fora do circuito comercial convencional”.

Nigrán 30/04/26.- O Concello de Nigrán e o Consulado General Argentino en Vigo unen intereses para ofrecer durante todo o mes de maio no municipio o ‘I Ciclo Cultural Argentina-Nigrán’, adicado íntegramente a divulgar autores e creacións artísticas deste país históricamente acolledor de millóns de galegos. O alcalde de Nigrán, Juan González, e a consulesa, Silvina Montenegro, foron os encargados de presentar esta mañá unha programación que arrancou xa no Centro Comercial A Ramallosa coa exposición fotográfica colectiva ‘Im-perfectos e dispares. Un diálogo entre fotógrafos arxentinos e galegos’, comisariada por Candelaria Magliano e que estará aberta ata o 31 de maio. Neste mesmo lugar, no Cine Municipal, terá lugar sesións de cine o xoves 7 (‘Puán’, dirixida por María Alché e Benjamín Naishtat) e o xoves 14 de maio (a curtametraxe ‘Tu cuerpo en mi habitación’, de Axel Cheb Terrab, e a longametraxe ‘No Preguntes’, de Agustín Pallares Yoffe), ambas sesións ás 19:00 e con entrada libre ata completar aforo, mentres que o sábado 23 de maio ás 18:00 horas será un día adicado a un público máis familiar con entrada gratuíta mediante retirada de invitación desde unha hora (curtametraxe ‘El día que me quieras/ El viaje de Gardel e unha longametraxe por definir). O broche de ouro o porá o espectáculo musical ‘Gardel en Galicia. El homenaje’ o domingo 24 na Praza da Biblioteca ás 12:00 horas, conmemorando así o Concello de Nigrán e o Consulado General Argentino en Vigo o seu ‘Día da Patria’ (25 de maio).

“Estamos moi agradecidos ao Consulado por facilitarnos todas estas actividades culturais que contribúen a reforzar o vínculo histórico entre Arxentina e Galicia. Para millóns de galegos é unha segunda patria, somos pobos irmás, e queremos reafirmar este sentimento”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca “a oportunidade única de poder ver en cine en Nigrán películas arxentinas moi premiadas e fora do circuito comercial convencional”.

Exposición fotográfica colectiva. ‘Im-perfectos e dispares. Un diálogo entre fotógrafos arxentinos e galegos’. Aberta ata o 31 de maio no C.C. A Ramallosa

Comisariada pola Lic. Candelaria Magliano, coa participación especial de Blas González co seu traballo Lights Jam Portraits. Trátase dun proxecto itinerante que naceu no ámbito universitario arxentino e que, en cada nova sede, incorpora voces do lugar que o acolle.

Na serie, o retrato e autorretrato son os dispositivos propostos para reflexionar sobre identidades, pertenzas e conflitos. Non se trata dunha suma de obras, senón unha conversación: entre latitudes, entre linguaxes visuais, entre xeitos distintos de mirarse e de mirar. Que nun mesmo espazo convivan as imaxes e obras producidas por artistas de ambos os países é unha aposta ao poder movilizador da fotografía e a arte como axentes capaces de xerar acción, reflexión e encontro. É nestes dicires com-partidos onde atopamos a posibilidade de vernos nas nosas diferenzas e recoñecernos as semellanzas.

Expositores arxentinos: Ana Zych, Carlos Gato Ludueña, Azul Cooper, Pablo Zotalis, Patricia Ackerman, Camila Torti, Alejandro Buttiero, Marcos Carri, Sebastián Casartelli Re, Candelaria Magliano, Ambar Alonso, Silvina Caserta.

Proxecto invitado: Lights Jam Portraits, de Blas González