I CERTAMEN INTERNACIONAL CORAL DE NIGRÁN ‘ARS CANENDI’

Ave Maris Stella – Javier Fajardo

bases ars canendi_castellano

bases ars canendi_english

bases ars canendi_galego

Boletín Inscripción Ars Canendi Julio2022

 

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE O 2 E 3 DE XULLO ‘ARS CANENDI’, O SEU ‘I CERTAME INTERNACIONAL DE MÚSICA CORAL

O evento estaba previsto para o ano 2020 pero tivo que ser aplazado pola pandemia

O prazo de inscrición permanece aberto ata o 23 de maio, dispondo todas as formacións interesadas da información completa na web www.nigran.es

Nigrán, 19.04.22.– O Concello de Nigrán organiza despois de dous anos paralizado pola pandemia o I Certame Internacional de Música Coral “Ars Canendi: As voces no Camiño”. O primeiro certame internacional de coros que se celebra en Galicia e que repartirá un total de 6.500 euros en premios. O concurso terá lugar os días 2 e 3 de xullo no Templo Votivo do Mar de Panxón e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de maio, , dispondo todas as formacións interesadas da información completa na web www.nigran.es. O grupo gañador recibirá 3.000 euros, o segundo 2.000, o terceiro 1.000 e haberá un premio de 500 á mellor interpretación dunha obra composta para a ocasión, “Ave Maris Stella”, de Javier Fajardo. A concelleira de Cultura, Nuria Lorenzo, directora do coro Gli Appassionati, quere “converter a Nigrán nun referente nacional e mesmo internacional da música coral de calidade”.