Groovin Folks

O CONCERTO DE GROOVIN FOLKS ESTE SÁBADO EN PANXÓN ABRE O CICLO ‘MÚSICA E VIÑO NO TEU CAMIÑO’ DE ‘EU RURAL’ E ‘XEODESTINO’

O trio nigranés de órgano hammond, guitarra e batería interpretará temas de funk/soul/disco ás 19:00 horas nas pistas de tenis de Gaifar

Nigrán, 28.09.22.- O Concello de Nigrán, a través da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, ofrece este sábado 1 de outubro ás 19:00 horas nas pistas de tenis de Gaifar o concerto de Groovin Folks. A actuación abre a segunda edición do proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia e que ten por obxectivo xerar espazos de encontro e de lecer entre a veciñanza, visitantes e peregrinas e peregrinos que estean a facer o Camiño de Santiago nesta época do ano. O trio nigranés de órgano hammond, guitarra e batería interpretará temas de funk/soul/disco dos anos 60 aos 80.