O festival NIGRÁNJAZZ terá lugar o vindeiro sábado 10 de agosto, na súa localización habitual no escenario do Estuario da Foz, en A Ramallosa. Desde seu comezo, o festival pretendeu ser un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, sin renunciar por iso a ser un festival de dimensión internacional e cunha calidade musical contrastada.
En edicións anteriores o festival fixo propostas creadas específicamente para o mesmo; mezclando músicos galegos e portugueses cun resultado moi positivo. O municipio miñorano tivo o pracer de ser escenario das presentacións dos discos de artistas galegos como Xan Campos, Yago Vázquez ou Alberto Vilas, e tamén tivo o honor de acoller na pasada edición unha banda auténtico all-stars do jazz mundial, liderada polo incomparable guitarrista Peter Bernstein.
Na súa séptima edición o Festival pretende consolidarse como unha referencia en Galicia volvendo a contar cun nome importante do jazz internacional, Gilad Hekselman, nesta ocasión acompañado polo gurú do contrabaixo Paco Charlín e o baterista portugues Ze Marrucho, que tocarán a partir das 22.30 horas.
Ademáis contaremos coa presenza do quinteto de Iago Fernández -21.00 horas-, probablemente o músico de gazz galego más solicitado no ámbito nacional e internacional. Ao finalizar os concertos, ao redor das 00.30 horas, o Penjamo Sunbar, na praia de Patos, acollerá una Jam Session con Javier „GDJAZZ“ Pereiro Quartet.
Iago Fernández Quint “Agromando”
Iniciou os estudos musicáis no Conservatorio Profesional de Música de Cangas, na especialidade de Percusión co profesor Luís Carballo. Entre 2002 e 2006 frecuentou o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra cos profesores Abe Rábade e Paco Charlín. En 2005 e 2006 asistiu ao Workshop de Tavira (Portugal) onde recibiu clases de Tony Moreno, John O`Gallagher, Allan Ferber, Dave Phillips, Rez Abasi, Russ Johnson e Russ Lossing.
Ten participado en Master Classes con Miguel Zenón, E.J. Strickland, Jeff Williams, Donald Edwards, Jonathan Blake, Walter Smith III, Marcus Gilmore, Aaron Goldberg, Mike Moreno, Marcus Strickland, Lage Lund, Logan Richardson, Ambrose Akinmusire, Greg Rugiero, Jaleel Shaw, Jonathan Kreisberg, Jesús Santandreu, Bruno Pedroso, Carlos Barreto, Joao Moreira, Mario Barreiros e Ramón Angel Rey entre outros.
En xullo do 2007 foi finalista do Concurso Internacional de Grupos do Festival de Jazz de Getxo co grupo Mr. Chacho, teloneando ao mesmísimo Charlie Haden. Dito grupo tamén foi seleccionado polo Instituto da Xuventude (INJUVE). En agosto do 2009 participou no “Begues Jazz Camp”, onde recibe clases de Ben Street, Mark Turner, Jordi Rossy, Ben Monder e Michael Kanan.
En xuño de 2011 graduouse no centro superior de música do País Vasco (Musikene) na especialidade de jazz-batería, no cal recibiu clases de Jordi Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz, Guillermo Klein, Chris Kase e Guillermo McGuill entre outros.
Ten tocado nos máis importantes festivais de jazz do país (Getxo, Madrid, Ibiza, Pontevedra, Lugo, Vigo, Las Palmas, San Sebastián, etc.), ademáis de Guayaquil e Quito (Ecuador), con músicos moi reconocidos como Perico Sambeat, Jesús Santandreu, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jordi Rossy, Paco Charlín, Nelson Cascais, Abe Rábade, Guillermo Klein, Demian Caboud, André Fernandes, Pedro Moreira, Javier Vercher e Andrzej Olejniczak entre outros. Tamén gravou xa unha decena de discos, entre os que destacan Sound Colors de J.Santandreu (FSNT-2008), Guruka de N.Cascais (TOAP-2008), Canjazz Reunion de Canjazz Reunion (FCJR-2008), Evolution de Vistel Brothers (FSNT-2009), Orixe Cero de Xan Campos (FCJR-2011) e Six de Chris Kase (Karonte-2012).
En decembro de 2011 edita o seu primeiro disco como líder titulado “Agromando”. Nesta ocasión, presénta o seu quinteto composto por Demian Cabaud ao contrabaixo, Xan Campos ao piano, Virxilio da Silva á guitarra e Zé Pedro ao saxo tenor.
Gilad Hekselman
Dende a súa chegada a New York en 2004 foi gañando unha excelente reputación coma un dos máis prometedores guitarristas de jazz. En poucos anos, este israelí compartiu escenario con algúns dos mellores artistas da escena jazzística de New York coma Chris Potter, Mark Turner, John Scofield, Anat Cohen, Ari Hoenig, Esperanza Spalding, Sam Yahel, Jeff Ballard, GretchenParlato, Avishai Cohen, Jeff `Tain` Watts, Tigran Hamasyan, Aaron Parks ou Greg Hutchinson.
Ten tocado nos mellores clubs de New York incluindo o Blue Note, The Jazz Standard, Dizzy`s Club ou Smalls. Está constantemente xirando polo mundo enteiro e xa ten tocado nos mellores festivais do planeta: Montreux, North Sea, Montreal ou San Francisco. Gilad foi o gañador da edición do 2005 do Gibson Montreux International Guitar Competition.
No ano 2006 edita o seu primeiro álbum SplitLife (Smalls Records) grabado co baixista Joe Martin e o baterista Ari Hoenig. Este álbum foi recibido con moi boas críticas, así coma o segundo: Words Unspoken (LateSet Records), grabado en 2008 con Joe Martin, Marcus Gilmore e o saxofonista Joel Frahm. En 2009, Gilad grabou tres temas para Walt Disney Records, un deles foi incluido en “Todo o mundo quere ser un gato” (2011). O disco conten versións de temas de Disney tocadas por os músicos de jazz máis destacados, Dave Brubeck, Joshua Redman, Esperanza Spalding, Diane Reeves, Roy Hargrove, Kurt Rosenwinkel, The Bad Plus…
Na primavera de 2010 Gilad grabou o seu terceiro álbum, Hearts Wide Open, con Joe Martin, Marcus Gilmore e saxofonista mundialmente aclamado Mark Turner, un proxecto que Gilad define coma o seu mellor traballo de lonxe. O disco recibiu excelentes críticas e apareceu nas listas de mellor álbum en revistas coma New York Times, Amazon ou iTunes. En abril de 2013, Gilad edita o seu cuarto á lbum, This Just In.
Nacido en Israel en 1983, Gilad estudiou piano clásico dende os seis anos e comezou coa guitarra aos nove anos. Dende os doce a os catorce anos tocou na banda dun programa televisivo infantil. Asistíu a prestixiosa Thelma Yellin School of Arts, obtendo a máxima calificación con 18 anos. Gilad recibiu a America – Israel Cultural Foundation Scholarship para continuar os seus estudos en The New School en New York, onde obtivo a sua licenciatura.
Javier “GDJAZZ” PEREIRO QUARTET + JAM SESSION
As jam sessions son un elemento esencial do jazz, moitas veces asistimos nelas aos mellores momentos musicais do festival. As jam sessions han de ser unha oportunidade para o público de achegarse, de introducirse dentro do mundo do jazz e disfrutar de unha noite máxica escoitando jazz, bailando, charlando cós músicos, etc. Ademáis este ano o marco e insuperable, o Pénjamo Sunbar, situado ao caron da praia de Patos.
A programación deste ano aposta por un cuarteto liderado polo excelente trompetista galego Javier “Gdjazz” Pereiro, que recentemente publicou o seu primeiro traballo coma líder, “Black May”, acompañado dos mellores músicos americanos.