Finaliza o acondicionamento da pista deportiva Campo da Feira en Parada

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o tenente de alcalde e concelleiro de Economía, Facenda e Persoal, Alberto García Pazos, visitaron onte as obras xa finalizadas de acondicionamento e mellora da pista deportiva Campo da Feira, en Parada, unha actuación acometida polo goberno municipal cun investimento de 10.464,92 euros.

Esta actuación súmase ás xa executadas polo goberno municipal neste mandato -o acondicionamento do parque infantil de Parada e da Praza da Carrasca-, “acometidas co obxectivo de recuperar e pór en valor uns espazos de lecer e esparexemento da parroquia que se atopaban nun importante estado de deterioración e abandono”, sinala o alcalde.