Finaliza a substitución do empedrado da rúa Álvaro Mourelle

O goberno municipal finaliza a actuación na rúa Álvaro Mourelle, unha obra consistente na substitución do empedrado deste viario, e que xunto ao de cálea Arco Visigótico, foi financiada pola Deputación de Pontevedra por valor de 50.000 euros.

O rexedor municipal subliña o valor desta actuación nun punto neurálxico da parroquia de Panxón, “unha obra que mellora a accesibilidade para peóns e persoas con discapacidade, así como a mobilidade para o tráfico rodado nunha zona cunha importante actividade comercial e hostaleira”, engade.

A actuación, consistente na substitución do empedrado por lousas recuperadas polo goberno municipal da contorna da Ramallosa, embelece ademais unas das rúas máis emblemáticas desta parroquia mariñeira.

Finalizadas as obras sen ningún tipo de incidencia, cabe lembrar as lamentables declaracións dalgún membro da oposición, nas que mesmo chegou a pedir a paralización da actuación. “O concelleiro independente debería pedir perdón, especialmente por xerar desconcerto entre veciños e empresarios da zona”, observo o rexedor.

Valverde conclúe felicitando á empresa pola correcta execución da actuación, tanto en tempo como en forma, e subliña que foi este goberno, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o que cumpriu o seu labor de mellorar unha zona importante na parroquia de Panxón, “solucionado unha demanda veciñal que se remonta anos atrás e que ningún goberno antes abordara”.