FESTA DE SAN PEDRO

O CONCELLO DE NIGRÁN VOLVE A OFRECER O PROGRAMA ‘MÚSICA NAS PARROQUIAS’ PARA FESTEXAR O MARTES 28 E MÉRCORES 29 SAN PEDRO

Ante a non constitución de comisión de festas, o Concello ofrece a verbena do martes co Trío Azar e Orquesta Saudade e o mércores, festivo local, pasarrúas e concerto ao mediodía da Banda de Música do Val Miñor

O Concello de Nigrán organiza a través do seu programa ‘Música nas Parroquias’, e ante a non constitución de comisión, a celebración da festa patronal de San Pedro da Ramallosa este martes con verbena e o mércores, festivo local, cun concerto ao mediodía. Así, mañá día 28 terá lugar no Torreiro a gran verbena co concerto do Trío Azar e da Orquesta Saudade. O propio mércores 29, festivo local en Nigrán, terá lugar un pararrúas por San Pedro da Banda de Música do Val Miñor desde as 10:00 horas e posterior concerto no Torreiro ás 13:00 horas.

O Concello inviste a través de ‘Música nas Parroquias’ máis de 60.000 €, destes cartos, a Deputación de Pontevedra achegará 10.000 € a través da Liña 2 do Plan Concellos. A seguinte cita será en Santiago de Parada o 25 de xullo, O Carme de Lourido o 31 de xullo, San Fiz de Nigrán o 1 de agosto, Virxe das Angustias de Nigrán o 21 de agosto, San Roque de Camos o 24 de agosto e, finalmente, Bo Xesús de Priegue o 4 de setembro.

“Iniciamos este programa co Covid-19 para poder manter as festas pese a ausencia de comisións organizadoras e apostamos pola súa permanencia para garantir a pervivencia das festas tradicionais de Nigrán porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.