Excursións para todos os públicos

O goberno municipal abre as inscricións para dúas excursións previstas para o próximo mes de abril, dirixidas a todos os públicos. Os días 18 e 19 o destino será Fátima (Portugal). A excursión, cun prezo por persoa de 65 euros, inclúe tamén visita a Nazaré e Aveiro, transporte, aloxamento en réxime de pensión completa e visitas.

O sábado 25 de abril, o destino será o parque multiaventura Pena Ventura Park, en Portugal, unha excursión na que terán prioridade de inscrición os mozos de entre 18 e 35 anos empadroados en Nigrán. O prezo por persoa é de 35 euros, e inclúe transporte e acceso a sete atraccións do parque, entre as que figuran o descenso en fantasticable, paintball, alpine coaster, salto negativo, escalada ou tiro con arco e un percorrido por pontes suspendidas no aire.