{"id":9426,"date":"2015-01-29T00:00:00","date_gmt":"2015-01-29T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.nigran.es\/la-xunta-invertira-11-millones-de-euros-en-la-mejora-de-la-estacion-potabilizadora-de-nigran\/"},"modified":"2015-01-29T00:00:00","modified_gmt":"2015-01-29T00:00:00","slug":"la-xunta-invertira-11-millones-de-euros-en-la-mejora-de-la-estacion-potabilizadora-de-nigran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/la-xunta-invertira-11-millones-de-euros-en-la-mejora-de-la-estacion-potabilizadora-de-nigran\/","title":{"rendered":"La Xunta invertir\u00e1 1,1 millones de euros en la mejora de la estaci\u00f3n potabilizadora de Nigr\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel V\u00e1zquez, avanzou esta ma\u00f1\u00e1 que as obras de mellora na estaci\u00f3n de tratamento de auga potable (ETAP) de Nigr\u00e1n comezar\u00e1n a vindeira semana.<\/p>\n<p>A responsable de Medio Ambiente visitou esta ma\u00f1\u00e1 \u2013xunto co alcalde de Nigr\u00e1n, Alberto Valverde P\u00e9rez- a ETAP na que se executar\u00e1n esta actuaci\u00f3n que financia Augas de Galicia e para as que destina un orzamento de 1,1 mill\u00f3ns de euros e que segundo as previsi\u00f3ns da Xunta estar\u00e1n en servizo antes do ver\u00e1n.<\/p>\n<p>Ethel V\u00e1zquez salientou que a actual ETAP est\u00e1 constru\u00edda para tratar un caudal de 200 litros por segundo, pero nestes momentos presenta unha serie de limitaci\u00f3ns que impiden que esta opere no seu \u00f3ptimo punto de funcionamento. <\/p>\n<p>Nese sentido, as obras de mellora que se iniciar\u00e1n nunha semana te\u00f1en como obxectivo garantir que a instalaci\u00f3n incremente o seu rendemento e, ademais, incorporar unha li\u00f1a de tratamento de lodos que permita a reduci\u00f3n do seu volume mediante deshidrataci\u00f3n.<\/p>\n<p>O Concello de Nigr\u00e1n abast\u00e9cese do encoro de Zam\u00e1ns a trav\u00e9s dunha conduci\u00f3n que leva a auga \u00e1 estaci\u00f3n de tratamento de auga potable (ETAP). Esta alimenta o dep\u00f3sito de Nigr\u00e1n, de 15.000 metros c\u00fabicos, situado nas inmediaci\u00f3ns desta instalaci\u00f3n, e mediante unha impulsi\u00f3n ao dep\u00f3sito de Priegue, de 1.800 m3. <\/p>\n<p>En distintos per\u00edodos do ano, debido \u00e1s elevadas concentraci\u00f3ns de s\u00f3lidos en suspensi\u00f3n, prod\u00facese unha sobrecarga do sistema de depuraci\u00f3n que se traduce nunha colmataci\u00f3n m\u00e1is r\u00e1pida dos filtros de area. Esta acelerada saturaci\u00f3n dos filtros comporta un aumento do n\u00famero de fases de lavado co conseguinte descenso da capacidade de produci\u00f3n de auga potabilizada. Neses momentos a ETAP non \u00e9 capaz de asimilar o caudal para o cal foi dimensionada, e sup\u00f3n ademais un elevado aumento dos gastos de explotaci\u00f3n.<\/p>\n<p>V\u00e1zquez Mourelle salientou que grazas a esta actuaci\u00f3n outros concellos da zona se ver\u00e1n beneficiados por esta mellora \u2013que xunto cos de Nigr\u00e1n suman m\u00e1is de 26.000 habitantes, xa que en momentos de forte seca \u00e9 necesario complementar o recurso do encoro de Ba\u00ed\u00f1a con auga proveniente da rede de abastecemento de Nigr\u00e1n. Este incremento da necesidade de potabilizaci\u00f3n de auga coincide cos momentos en que a calidade da auga da orixe limita a capacidade de produci\u00f3n, polo que esta obra aumenta a garant\u00eda dun abastecemento en cantidade e calidade a estes dous concellos do Val Mi\u00f1or.<\/p>\n<p>M\u00e1is de 1,4 mill\u00f3ns de euros en abastecemento de auga<br \/>\nO alcalde de Nigr\u00e1n, Alberto Valverde, agradeceu o esforz\u00f3 realizado pola administraci\u00f3n auton\u00f3mica, especialmente nestes anos de dificultade, e recordou que a este investimento hai que engadir d\u00faas actuaci\u00f3ns hist\u00f3ricamente demandas polos veci\u00f1os de Nigr\u00e1n, que estar\u00e1n executadas antes de que finalice o presente exercicio. Tr\u00e1tase do abastecemento de auga a Camos e a Parada, d\u00faas parroquias que at\u00e9 a data non contan con esta infraestrutura, e que recibiron onte o visto bo do pleno da corporaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O goberno municipal destinar\u00e1 828.831 euros procedentes da Xunta de Galicia para levar o abastecemento de auga \u00e1 parroquia de Camos, unha actuaci\u00f3n contemplada no orzamento da administraci\u00f3n auton\u00f3mica para o presente exercicio, que consistir\u00e1 na instalaci\u00f3n dunha nova conduci\u00f3n de auga na R\u00faa dous Pazos, entre a zona das Angustias e Nand\u00edn, e que deber\u00e1 ser executada antes do 31 de decembro de 2015. <\/p>\n<p>A este investimento hai que engadir a anualidade da Xunta de Galicia para 2015 prevista no Convenio Plurianual subscrito polo goberno municipal con Augas de Galicia en novembro de 2013 para completar e mellorar a rede de saneamento e abastecemento de auga en Nigr\u00e1n por valor de 1 mill\u00f3n de euros. \u201cA achega correspondente \u00e1 anualidade de 2015, de 580.001 euros, destinar\u00e9mola a completar a rede de abastecemento de auga na parroquia de Parada\u201d, sinala o alcalde, Alberto Valverde. <\/p>\n<p>A actuaci\u00f3n consistir\u00e1 na instalaci\u00f3n dun pozo de bombeo na R\u00faa Porto do Molle e un dep\u00f3sito na contorna de Cami\u00f1o d\u00faas Concellos, comunicados ambos por unha conduci\u00f3n que levar\u00e1 a auga a gran parte da parroquia de Parada. <\/p>\n<p>Entre as d\u00faas actuaci\u00f3ns suman 1,4 mill\u00f3ns de euros, que o goberno municipal destinar\u00e1 a resolver d\u00faas carencias hist\u00f3ricas do municipio nun s\u00f3 mandato. \u201cAs parroquias de Camos e de Parada, esquecidas en anteriores mandatos, ter\u00e1n por fin unha rede de abastecemento de auga en condici\u00f3ns, un novo compromiso cumprido por parte deste goberno\u201d, subli\u00f1a Valverde.<\/p>\n<p>\nNo bo cami\u00f1o para implantar o transporte metropolitano na \u00e1rea de Vigo<br \/>\nEthel V\u00e1zquez destacou que \u201choxe \u00e9 un d\u00eda importante\u201d, xa que 11 concellos da \u00e1rea de transporte metropolitana de Vigo aprobaron onte nos seu respectivos plenos o convenio, e esperamos que ma\u00f1\u00e1 Soutomaior ratifique este documento no seu pleno municipal, -precisou,- que permite a posta en marcha desta iniciativa de mobilidade. <\/p>\n<p>Tam\u00e9n indicou que espera que os responsables pol\u00edticos de Gondomar acaden o consenso necesario e o acordo que permita aprobar o convenio do transporte metropolitano, que facilitar\u00e1 aos veci\u00f1os aforros anuais de ata 600 euros e que contempla maiores beneficios para as familias numerosas.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, salientou que o apoio destes concellos da \u00e1rea de Vigo indica que a Xunta est\u00e1 a avanzar polo bo cami\u00f1o para implantar este proxecto de mobilidade que xa est\u00e1 en marcha en catro \u00e1reas de Galicia (A Coru\u00f1a, Santiago, Ferrol e Lugo).<\/p>\n<p>Pola s\u00faa parte, o alcalde de Nigr\u00e1n calificou de moi boa nova a adhesi\u00f3n ao convenio de transporte metropolitano da Xunta de Galicia, \u201cun primeiro paso moi importante para conseguir un transporte metropolitano en condici\u00f3ns, que repercutir\u00e1 en rebaixas no prezo do billete de at\u00e9 un 50% para os nosos veci\u00f1os\u201d, apuntou.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel V\u00e1zquez, avanzou esta ma\u00f1\u00e1 que as obras de mellora na estaci\u00f3n de tratamento de auga potable (ETAP) de Nigr\u00e1n comezar\u00e1n a vindeira semana. A responsable de Medio Ambiente visitou esta ma\u00f1\u00e1 \u2013xunto co alcalde de Nigr\u00e1n, Alberto Valverde P\u00e9rez- a ETAP na que se executar\u00e1n esta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":9427,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3,3],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9426"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9426"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9426\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9427"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9426"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9426"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9426"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}