{"id":29678,"date":"2025-06-28T09:12:32","date_gmt":"2025-06-28T09:12:32","guid":{"rendered":"https:\/\/www.nigran.es\/?p=29678"},"modified":"2025-06-28T09:12:32","modified_gmt":"2025-06-28T09:12:32","slug":"solpor-monteferro-3","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/solpor-monteferro-3\/","title":{"rendered":"SOLPOR MONTEFERRO"},"content":{"rendered":"<p lang=\"zxx\" align=\"center\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-full wp-image-29679\" src=\"https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/WhatsApp-Image-2025-06-27-at-14.29.09-3-1.jpeg\" alt=\"\" width=\"1157\" height=\"1600\" srcset=\"https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/WhatsApp-Image-2025-06-27-at-14.29.09-3-1.jpeg 1157w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/WhatsApp-Image-2025-06-27-at-14.29.09-3-1-217x300.jpeg 217w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/WhatsApp-Image-2025-06-27-at-14.29.09-3-1-740x1024.jpeg 740w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/WhatsApp-Image-2025-06-27-at-14.29.09-3-1-768x1062.jpeg 768w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/WhatsApp-Image-2025-06-27-at-14.29.09-3-1-1111x1536.jpeg 1111w\" sizes=\"(max-width: 1157px) 100vw, 1157px\" \/><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>O CONCELLO DE NIGR\u00c1N CELEBRA O 4 E 5 DE XULLO &#8216;SOLPOR MONTEFERRO&#8217; CON CONCERTOS DOS MELLORES GRUPOS DA COMARCA<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>Os protagonistas desta nova edici\u00f3n, que ter\u00e1 lugar desde as 19.00 horas e de xeito gratu\u00edto, ser\u00e1n Los Wavy Gravies, Mambas Negras e Zalomon Grass na primeira xornada; e a Escola de M\u00fasica Gain Over, A Pol\u00e9mica Banda dos Bechuchos, The Gotxos Party e DJ Viktor Flores na segunda<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>Como novidade, o Nigranbus realizar\u00e1 gratu\u00edtamente un percorrido circular de 19:00 a 00:00 horas desde a primeira rotonda do SAU de Monteferro ao miradoiro, e viceversa<\/b><\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>.\u00a0<\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>Ser\u00e1 un festival inclusivo no que as persoas xordas poden solicitar as mochilas vibratorias.<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><i><b>Nigr\u00e1n, 27.06.25.-\u00a0<\/b><\/i><\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>O\u00a0<\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>festival co mellor escenario natural do mundo, &#8216;Solpor Monteferro&#8217;, regresa o 4 e 5 de xullo para abrir ao grande a programaci\u00f3n estival do Concello de Nigr\u00e1n. Os protagonistas desta nova edici\u00f3n, que ter\u00e1 lugar a partir das 19.00 horas e con entrada de balde, ser\u00e1n Los Wavy Gravies, Mambas Negras e Zalomon Grass na primeira xornada (venres); e a Escola de M\u00fasica Gain Over, A Pol\u00e9mica Banda dos Bechuchos, The Gotxos Party e DJ Viktor Flores na segunda (s\u00e1bado). Como novidade, o Nigranbus realizar\u00e1 gratu\u00edtamente un percorrido circular de 19:00 a 00:00 horas desde a primeira rotonda do SAU de Monteferro ao Monumento \u00e1 Mari\u00f1a, e viceversa. Com<\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>a habitualmente<\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>, ser\u00e1 inclusivo e dispor\u00e1 de mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail\u00a0<a href=\"mailto:info@entresignos.com\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">info@entresignos.com<\/a>\u00a0ou no whatsapp 690679675.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>Tal como xurd\u00edu en 2017, o obxectivo permanece inalterado: gozar ao aire libre nunha contorna privilexiada, no miradoiro de Monteferro, un escenario fronte ao Atl\u00e1ntico que regala vistas espectaculares. Neste enclave singular, diante das Illas Estelas, entre as caricias da brisa mari\u00f1a e os aromas do mar e da monta\u00f1a, a fermosa ca\u00edda do sol ofrecer\u00e1 unha oportunidade m\u00e1is para vivir experiencias musicais inesquecibles grazas \u00e1 m\u00fasica en directo de bandas consolidadas e con fonda raigame no municipio. Esta novena edici\u00f3n de &#8216;Solpor Monteferro&#8217; est\u00e1 organizada directamente polo Concello de Nigr\u00e1n coa colaboraci\u00f3n econ\u00f3mica da Deputaci\u00f3n de Pontevedra a trav\u00e9s da li\u00f1a 2 do &#8216;Plan + Provincia&#8217; e o patrocina a marca nigranesa Cervezas Banda, con sede en Porto do Molle, co apoio de Aqualia.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>\u00abA beleza da contorna de Monteferro ofrece cada ano unha experiencia musical marabillosa a un p\u00fablico moi diverso que \u00e9 sempre fiel \u00e1 cita, e ao mesmo tempo proporciona \u00e1s mellores bandas locais e emerxentes a oportunidade de desenvolver o seu traballo no mellor dos escenarios do mundo. Esta \u00e9 a mellor imaxe que podemos trasmitir de Nigr\u00e1n\u00bb, considera o alcalde, Juan Gonz\u00e1lez.<\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><u><b>VENRES 4 DE XULLO<\/b><\/u><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>Los Wavy Gravies<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>\u00a0\u00e9 unha banda formada por reco\u00f1ecidos m\u00fasicos da escena galega m\u00e1is roqueira. Con antecedentes en bandas como &#8216;Los hijos bastardos de Peter Lorre&#8217; ou &#8216;The Allnight Workers&#8217;, os irm\u00e1ns &#8216;Rufus El guarro&#8217; e Jorge Lorre montan un novo grupo en 2014, coa idea de facer dos seus concertos aut\u00e9nticas celebraci\u00f3ns do Rock\u2019n\u2019Roll, onde o frat, o surf instrumental, o garage ou mesmo o punk te\u00f1en unha cita ineludible coa diversi\u00f3n e o sentido do humor. Para iso chaman a Ivan \u201cKoko\u201d Souti\u00f1o (Toxic Patrol, Breakin\u2019 Bones, Pegas Negras\u2026) ao contrabaixo. Desde ent\u00f3n estiveron tocando sen parar por toda Galicia e Espa\u00f1a, ademais de d\u00faas xiras italianas coa axencia de booking Corner Soul. A principios do 2025 suman \u00e1 guitarra ao seu dese\u00f1ador de cabeceira, Rub\u00e9n Xu\u00e1rez (Foggy Mental Breakdown, High Serras, Family Folks&#8230;). Nos seus directos poder\u00e1s atopar versi\u00f3ns de grandes bandas, como The Sonics, Bo Diddley, Flamin\u2019 Groovies ou Link Wray, ademais de temas propios instrumentais e vocais.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>Mambas Negras<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>\u00a0\u00e9 un quinteto da comarca no que participan grandes m\u00fasicos galegos cunha ampla traxectoria, como \u00d3scar Avenda\u00f1o (The Bo Derek\u2019s, Siniestro Total), Andres Cunha (Siniestro Total), To\u00f1o L\u00f3pez (The Soul Jacket) ou o nigran\u00e9s Mintxo Alejos. Xunt\u00e1ronse para celebrar un repertorio formado por ic\u00f3nicas canci\u00f3ns das bandas sonoras das pel\u00edculas de Quentin Tarantino. Desde o baile de Uma Thurman e John Travolta ao ritmo do &#8216;You Never Can Tell&#8217; de Chuck Berry en Pulp Fiction, ata a t\u00f3rrida escena de Salma Hayek bailando cunha serpe en &#8216;Abierto hasta el amanecer&#8217;, Mambas Negras l\u00e9vanche nunha viaxe sonora chea de nostalxia e emoci\u00f3n.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>Z\u00e5lomon Grass\u00a0<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>\u00e9 un aclamado power tr\u00edo da comarca de popularidade que traspasa as fronteiras espa\u00f1olas cun estilo que definen como &#8216;Cosmic Blues&#8217; e que \u00e9 alabado por p\u00fablico e cr\u00edtica m\u00e1is especializada, \u00e1 que asombrou no lendario festival Montreux Jazz Festival en Su\u00edza no 2023. Est\u00e1 composto polo nigran\u00e9s Mauro Comesa\u00f1a \u00e1 bater\u00eda, David Rodr\u00edguez ao baixo e Gabriel Mckenzie \u00e1 guitarra e voz. Esta proposta sonora fusiona o Rock cl\u00e1sico da d\u00e9cada de 1970 con toques de psicodelia e progresivo, creando unha experiencia musical envolvente e atemporal cunha base r\u00edtmica poderosa, guitarras vibrantes e melod\u00edas que convidan a viaxar. Ou seu terceiro disco, \u201cTrouble in Estafe\u201d (marzo de 2025), levaba ou seu son e composici\u00f3n a un nivel completamente novo de rock \u2018n\u2019 roll psicod\u00e9lico, traspasando vos seus propios l\u00edmites, a trav\u00e9s de historias que bordean a desesperaci\u00f3n, a loita social, ou empoderamento ou a meritocracia.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><u><b>S\u00c1BADO 5 DE XULLO<\/b><\/u><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>A Escola de M\u00fasica Gain Over<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>\u00a0nace en Nigr\u00e1n no ano 2013 para fomentar a cultura e a educaci\u00f3n musical e favorecer a creaci\u00f3n de grupos no Val Mi\u00f1or. Desde ent\u00f3n, realizan actuaci\u00f3ns e festivais cos grupos formados por alumnos da escola. Os combos son a seu mellor mostra diso, e de xurdiron bandas como os actuais The Know Strangers. En Solpor Monteferro participar\u00e1n alumnado de 10 a 14 anos, primeiramente un tr\u00edo e despois un cuarteto, todos liderados polo mestre Pablo Prego \u00e1 guitarra e \u00e1 voz.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>A Pol\u00e9mica Banda dos Bechuchos<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>\u00a0xorde en 2005, cando un grupo de m\u00fasicos con extensa traxectoria na banda Lira de San Miguel de Oia (Vigo) decide embarcarse nunha nova aventura tras o reto lanzado por un taberneiro baion\u00e9s de sonada fama. A ecl\u00e9ctica formaci\u00f3n musical dos seus compo\u00f1entes d\u00e1 como resultado unha banda vers\u00e1til, na que se funden desde o rock e o ska ata a m\u00fasica popular galega. Esta versatilidade refl\u00edctese nun repertorio formado por versi\u00f3ns de grandes cl\u00e1sicos de diferentes lugares e \u00e9pocas, xunto con melod\u00edas populares da terra, axilmente encaixados, todo na procura dun ambiente de festa e diversi\u00f3n. Actualmente est\u00e1 formada por 8 m\u00fasicos (voz, bater\u00eda, guitarra, baixo, 2 trompetas, tromb\u00f3n e saxo), e evolucionou cara unha proposta \u00fanica cunha potente secci\u00f3n de vento que achega a s\u00faa particular visi\u00f3n de melod\u00edas ic\u00f3nicas. Nos seus concertos, fren\u00e9ticos, excitantes e \u00e1s veces mesmo exaltantes, buscan transmitir a paix\u00f3n pola m\u00fasica, sempre coa intenci\u00f3n de non deixar indiferente a ningu\u00e9n.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>The Gotxos Party<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>\u00a0\u00e9 unha banda galega nada no Val Mi\u00f1or a principios do 2000, que combina Punk Rock, Heavy e Ska Happy cunha dose xenerosa de boa onda, confeti e licor caf\u00e9. Cun LP autoeditado, Gotxolandia (2006), e numerosos festivais e festas \u00e1s s\u00faas costas, convert\u00e9ronse nunha referencia do \u201cSka Happy\u201d en Galicia. Tras un prolongado silencio, Pavi, Uge, Roi, Prego, Vilas, Gorka, Jorge e Birras regresan en 2025 co seu 20\u00ba aniversario, prometendo concertos explosivos, nost\u00e1lxicos e festivos, cheos de irreverencia, honestidade e esa fa\u00edsca que define o seu son. Se te perdiches a era dourada, este regreso \u00e9 unha cita obrigada para co\u00f1ecer a aut\u00e9ntica esencia do Val Mi\u00f1or.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span><b>DJ V\u00edktor Flores<\/b><\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span>\u00a0, DJ nigran\u00e9s, \u00e9 co-fundador do colectivo e Festival Sinsal (Vigo) e no 2003 foi seleccionado como o \u00fanico artista espa\u00f1ol para a Red Bull Music Academy dese ano, que se celebrou en Ciudad do Cabo (Sud\u00e1frica) e incorpor\u00e1ndosedespois ao equipo de Marketing de Red Bull Espa\u00f1a (\u00e9 licenciado en Ciencias da Informaci\u00f3n) e de 2011 a 2016 dirix\u00edu o departamento de Cultura da marca en Espa\u00f1a. Desde 2018 traballa como consultor de Marketing e Cultura para diversas marcas e empresas, sendo programador musical de O Marisqui\u00f1o e co-programador da sala Mondo Club, iniciando a s\u00faa carreira hai tres d\u00e9cadas no m\u00edtico Vademecum vigu\u00e9s.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O CONCELLO DE NIGR\u00c1N CELEBRA O 4 E 5 DE XULLO &#8216;SOLPOR MONTEFERRO&#8217; CON CONCERTOS DOS MELLORES GRUPOS DA COMARCA Os protagonistas desta nova edici\u00f3n, que ter\u00e1 lugar desde as 19.00 horas e de xeito gratu\u00edto, ser\u00e1n Los Wavy Gravies, Mambas Negras e Zalomon Grass na primeira xornada; e a Escola de M\u00fasica Gain Over, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":29688,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29678"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29678"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29678\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29691,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29678\/revisions\/29691"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29688"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29678"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29678"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29678"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}