{"id":26333,"date":"2023-08-24T12:16:52","date_gmt":"2023-08-24T12:16:52","guid":{"rendered":"https:\/\/www.nigran.es\/?p=26333"},"modified":"2023-08-24T12:17:09","modified_gmt":"2023-08-24T12:17:09","slug":"asaltamontes-trail-por-relevos-feminino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/asaltamontes-trail-por-relevos-feminino\/","title":{"rendered":"ASALTAMONTES: TRAIL POR RELEVOS FEMININO"},"content":{"rendered":"<h1 lang=\"zxx\" align=\"center\"><a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSc3R9TxuxBWQK2cPuPOAysGc9xZqh9qoUmKoMknepTB61upCA\/viewform\"><strong>ENLACE DE INSCRICI\u00d3N<\/strong><\/a><\/h1>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"center\"><b>O CONCELLO DE NIGR\u00c1N ACOLLER\u00c1 O 9 DE SETEMBRO O PRIMEIRO TRAIL DE RELEVOS EXLUSIVAMENTE FEMININO QUE SE CELEBRA EN ESPA\u00d1A<\/b><\/p>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"center\"><b>Ter\u00e1 lugar en Monteferro en equipos de 4 mulleres e o prazo de inscrici\u00f3n est\u00e1 aberto ata o 3 de setembro ou ben ata acadar o m\u00e1ximo de 400 participantes<\/b><\/p>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"center\"><b>A iniciativa parte da asociaci\u00f3n Asaltamontes, fundada pola atleta Aroa S\u00edo e Arantxa P\u00e9rez de Lis, e o obxectivo \u00e9 motivar a m\u00e1is mulleres a que practiquen este deporte todav\u00eda moi minoritario entre elas<\/b><\/p>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"center\">\u201c<b>Non podemos esta m\u00e1is orgullosos de facer Historia no deporte do noso pa\u00eds, sabemos que a partir desta proba de Nigr\u00e1n vir\u00e1n moitas m\u00e1is e en puntos de toda a Pen\u00ednsula porque cundir\u00e1 o exemplo\u201d, explica o alcalde, Juan Gonz\u00e1lez<\/b><\/p>\n<p lang=\"zxx\" align=\"justify\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-full wp-image-26326\" src=\"https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/CARTEL-CARRERA.jpg\" alt=\"\" width=\"1080\" height=\"1920\" srcset=\"https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/CARTEL-CARRERA.jpg 1080w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/CARTEL-CARRERA-169x300.jpg 169w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/CARTEL-CARRERA-576x1024.jpg 576w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/CARTEL-CARRERA-768x1365.jpg 768w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/CARTEL-CARRERA-864x1536.jpg 864w\" sizes=\"(max-width: 1080px) 100vw, 1080px\" \/><\/p>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"justify\"><b>Nigr\u00e1n, 24\/08\/23.- <\/b>O Concello de Nigr\u00e1n far\u00e1 Historia no deporte espa\u00f1ol o s\u00e1bado 9 de setembro deste ano en Monteferro, cando se celebre por vez primeira un trail por relevos exclusivamente feminino. A proba, bautizada como \u2018Asaltamontes Female\u2019, tome o nome da devandita asociaci\u00f3n, fundada a finais do ano pasado pola corredora profesional Aroa S\u00edo (natural de Fragoselo, Vigo) e a s\u00faa amiga Arancha P\u00e9rez de Lis co obxectivo de animar a m\u00e1is mulleres a \u201cbotarse ao monte\u201d porque elas seguen a ser unha clara minor\u00eda neste deporte. Esta carreira pioneira ter\u00e1 lugar durante toda a ma\u00f1\u00e1 en Monteferro en equipos de 4 mulleres e o prazo de inscrici\u00f3n est\u00e1 aberto a trav\u00e9s dun formulario web en www.nigran.org ata o 3 de setembro ou ben ata acadar o m\u00e1ximo de 400 participantes.<\/p>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"justify\">\u201cNon podemos esta m\u00e1is orgullosos de facer Historia no deporte do noso pa\u00eds; sabemos que a partir desta proba de Nigr\u00e1n vir\u00e1n moitas m\u00e1is en puntos de toda a Pen\u00ednsula porque cundir\u00e1 o exemplo\u201d, explica o alcalde, Juan Gonz\u00e1lez, quen, de feito, agradece a Asaltamontes ter presentado este proxecto ao Concello de Nigr\u00e1n.<\/p>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"justify\">A carreira \u00e9 de pr\u00e1cticamente 3 km (percorrido circular) e ser\u00e1 en equipos de 4 e por relevos, cunha duraci\u00f3n de 5 horas de 9:00 a 14:00 horas. As categor\u00edas ser\u00e1n 5 (de \u2018baby\u2019 a \u2018ca\u00f1eras\u2019), compostas pola suma de idades dos equipos. Esta dese\u00f1ada as\u00ed para, precisamente, favorecer a parte m\u00e1is l\u00fadica deste deporte e \u201cenganchar\u201d a todas aquelas mulleres que se animen por primeira vez. Ao finalizar haber\u00e1 unha sesi\u00f3n verm\u00fa no propio miradoiro con concertos e, durante todo o d\u00eda, estar\u00e1 instalado un ecomercado.<\/p>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"justify\">\u201cA contorna \u00e9 marabillosa, o desnivel pequeno e non \u00e9 unha carreira moi t\u00e9cnica, o obxectivo \u00e9 que precisamente sexa un trail sinxelo que axude a que as mulleres lle perdan o medo a correr\u201d, explica Arancha, quen reco\u00f1ece que cando comezou, con 39 anos, este deporte a salvou dunha depresi\u00f3n. \u201cCorrer \u00e9 sa\u00fade mental e f\u00edsica, pero moitas veces as mulleres non se atreven a sa\u00edr soas ao monte ou non ven o momento, ou est\u00e1n centradas nos coidados familiares, por iso creamos Asaltamontes, para animarnos entre todas a correr en grupo. Quen o proba non o deixa\u201d, garante. As\u00ed, a\u00ednda que esta ser\u00e1 a primeira carreira oficial que organizan, \u201cas asaltamontes\u201d son m\u00e1is de 200 mulleres de toda a provincia (fundamentalmente Val Mi\u00f1or e Vigo) que a trav\u00e9s de whatsapp quedan para correr en lugares como Fragoselo, Sai\u00e1ns, Coruxo, Redondela\u2026 A\u00ednda que o grupo de idades \u00e9 moi amplo (moitas acuden coas s\u00faas fillas) o com\u00fan \u00e9 que sexan mulleres de entre 30 e 50 anos que retoman esta afici\u00f3n da infancia ou adolescencia, como lle pasou \u00e1 propia Aroa S\u00edo (en cambio, Arancha non ti\u00f1a practicado trail antes).<\/p>\n<p class=\"gmail-western\" lang=\"zxx\" align=\"justify\">En Galicia, s\u00f3 o 10% do total de participantes nas competici\u00f3ns de trails son mulleres. A celebraci\u00f3n en Nigr\u00e1n desta proba exclusivamente feminina ag\u00e1rdase que contrib\u00faa a aumentar esta porcentaxe, ese \u00e9 o obxectivo final.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ENLACE DE INSCRICI\u00d3N O CONCELLO DE NIGR\u00c1N ACOLLER\u00c1 O 9 DE SETEMBRO O PRIMEIRO TRAIL DE RELEVOS EXLUSIVAMENTE FEMININO QUE SE CELEBRA EN ESPA\u00d1A Ter\u00e1 lugar en Monteferro en equipos de 4 mulleres e o prazo de inscrici\u00f3n est\u00e1 aberto ata o 3 de setembro ou ben ata acadar o m\u00e1ximo de 400 participantes A [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":26328,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26333"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26333"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26333\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26335,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26333\/revisions\/26335"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26328"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26333"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26333"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26333"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}