{"id":24422,"date":"2022-10-03T12:47:50","date_gmt":"2022-10-03T12:47:50","guid":{"rendered":"https:\/\/www.nigran.es\/?p=24422"},"modified":"2022-10-10T12:56:52","modified_gmt":"2022-10-10T12:56:52","slug":"outubro-mes-da-memoria-historica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/outubro-mes-da-memoria-historica\/","title":{"rendered":"OUTUBRO: Mes da Memoria Hist\u00f3rica"},"content":{"rendered":"<p lang=\"zxx\" align=\"CENTER\">\n<p lang=\"zxx\" align=\"CENTER\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-full wp-image-24492\" src=\"https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/WhatsApp-Image-2022-10-05-at-12.09.24-PM-1.jpeg\" alt=\"\" width=\"1131\" height=\"1600\" srcset=\"https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/WhatsApp-Image-2022-10-05-at-12.09.24-PM-1.jpeg 1131w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/WhatsApp-Image-2022-10-05-at-12.09.24-PM-1-212x300.jpeg 212w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/WhatsApp-Image-2022-10-05-at-12.09.24-PM-1-724x1024.jpeg 724w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/WhatsApp-Image-2022-10-05-at-12.09.24-PM-1-768x1086.jpeg 768w, https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/WhatsApp-Image-2022-10-05-at-12.09.24-PM-1-1086x1536.jpeg 1086w\" sizes=\"(max-width: 1131px) 100vw, 1131px\" \/><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"CENTER\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>O CONCELLO DE NIGR\u00c1N ADICA OUTUBRO \u00c1 CELEBRACI\u00d3N DO &#8216;MES DA MEMORIA HIST\u00d3RICA&#8217; CON PROXECCI\u00d3NS, PRESENTACI\u00d3N DE LIBROS E DIFERENTES ACTOS <\/b><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"CENTER\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>Cada ano o Concello ofrece unha programaci\u00f3n especial neste mes por coincidir co aniversario de &#8216;A volta dos nove&#8217;<\/b><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"CENTER\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>Arranca o domingo coa proxecci\u00f3n da longametraxe &#8216;La trinchera Infinita&#8217; e se extende durante todo outubro coa presentaci\u00f3n de diferentes libros que abordan a represi\u00f3n na provincia, a proxecci\u00f3n dos documentais &#8216;La carcel de curas&#8217; e &#8216;Aillados&#8217; ou o filme &#8216;Mientras dure la guerra&#8217; <\/b><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"JUSTIFY\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><i><b>Nigr\u00e1n, 03.10.22.-<\/b><\/i><\/span><\/span><\/span><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> O Concello de Nigr\u00e1n, como cada ano desde 2015, celebrar\u00e1 durante todo Outubro o &#8216;Mes da Memoria Hist\u00f3rica&#8217; como recordo do tr\u00e1xico suceso da \u2018Volta dos Nove&#8217; na comarca (15 de outubro de 1936). A programaci\u00f3n, como ven sendo habitual, concentrar\u00e1 neste mes diferentes actos culturais que van desde a proxecci\u00f3n de longametraxes ou documentais, a presentaci\u00f3n de novos libros de investigaci\u00f3n ou sendas homenaxes polo aniversario da propia &#8216;Volta dos Nove&#8217; e os 70 anos da publicaci\u00f3n de &#8216;Longa noite de Pedra&#8217;. Todo \u00e9 no Auditorio Municipal con entrada de balde ata completarse o aforo.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"JUSTIFY\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> \u00abComa sempre, tr\u00e1tase dunha programaci\u00f3n cun fin divulgativo e educativo e est\u00e1 dirixida a manter viva a nosa memoria. Para que non se repita o peor da nosa Historia debemos co\u00f1ecer episodios vergo\u00f1entos do noso pasado recente vinculados coa Guerra Civil e a represi\u00f3n franquista\u201d, considera o alcalde de Nigr\u00e1n, Juan Gonz\u00e1lez, quen precisamente como historiador recolleu moitos destes episodios no seu libro \u2018Nigr\u00e1n. Memoria dunha Guerra 1936-1939&#8242;. <\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"JUSTIFY\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> A longametraxe &#8216;La trinchera infinita&#8217;, a trav\u00e9s do cineclub Val Mi\u00f1or Alice Guy, abrir\u00e1 a programaci\u00f3n este domingo 9 de outubro \u00e1s 19:00 horas no Auditorio Municipal. O filme de Jon Gara\u00f1o, Aitor Arregi e Jos\u00e9 Mari Goenaga protagonizado por Antonio de la Torre e Bel\u00e9n Cuesta retrata a vida dun home escondido na s\u00faa propia casa durante 30 anos por medo \u00e1 represi\u00f3n franquista (desgraciadamente estes casos non foron anecd\u00f3ticos en Espa\u00f1a e os seus protagonistas foron co\u00f1ecidos como &#8216;topos&#8217;). O cine regresa o domingo 16 de outubro \u00e1 mesma hora e lugar con &#8216;Mientras dure la guerra&#8217;, pel\u00edcula de Alejandro Amenabar que retrata a postura do c\u00e9lebre escritor Miguel de Unamuno (protagonizado por Karra Elejalde) que pasa de apoiar p\u00fablicamente a rebeli\u00f3n militar do 36 a cuestionala e rechazala ante a deriva sangui\u00f1olenta da mesma. <\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"JUSTIFY\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> Unha parte importante da programaci\u00f3n consiste na presentaci\u00f3n de novos libros de investigaci\u00f3n que abordan a represi\u00f3n e a sublevaci\u00f3n na provincia, polo que estar\u00e1n presentes os seus autores e se establecer\u00e1 un coloquio posterior. As\u00ed, a trav\u00e9s do Instituto de Estudos Mi\u00f1oranos, o m\u00e9rcores 12 \u00e1s 19:00 horas ser\u00e1 o turno de &#8216;Alejandro Viana, un galego \u00e1 fronte do rescate de refuxiados republicanos&#8217;, de Roberto Mera. O domingo 23 \u00e1s 19:00 Jos\u00e9 Antonio Uris e V\u00edctor Manuel Santidri\u00e1n presentan &#8216;A porta do inferno. O campo de concentraci\u00f3n de Camposancos&#8217; que se acompa\u00f1ar\u00e1 da proxecci\u00f3n do documental de Antonio Caeiro &#8216;Aillados. A memoria dos presos de 1936 na illa de San Sim\u00f3n&#8217;. A programaci\u00f3n a pechar\u00e1 o m\u00e9rcores 26 \u00e1s 20:00 horas &#8216;Os anos do silencio. Represi\u00f3n e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)&#8217; de Xos\u00e9 \u00c1lvarez Castro, tam\u00e9n en colaboraci\u00f3n co IEM. Paralelamente, o Concello ofrecer\u00e1 no IES Val Mi\u00f1or e IES Proval unha charla de Carlos Meixome sobre o seu libro &#8216;Catas na Memoria&#8217;, agasallando a ambos centros con diversos exemplares. <\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"JUSTIFY\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> Un dos actos estrela ser\u00e1 a proxecci\u00f3n o xoves 20 de &#8216;La carcel de curas&#8217;, documental vasco de 2021 de Oier Aranzabal, Ritxi Lizartza e David Pallar\u00e9s que narra a historia da viaxe real ao que foron sometidos 53 relixiosos de Madrid, Galicia, Catalu\u00f1a e Pa\u00eds Vasco no seu traslado forzoso ao devandito penal de Zamora, que foi o \u00fanico c\u00e1rcere de curas do mundo. \u00c1 proxecci\u00f3n acudir\u00e1n os seus directores e alg\u00fan dos relixiosos represaliados co fin de establecer un coloquio posterior.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"JUSTIFY\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> Igualmente, o Concello colaborar\u00e1 con Lucenza-Ateneo para ofrecer o venres 14 de outubro no Auditorio Municipal un acto en homenaxe ao 70 aniversario da publicaci\u00f3n de &#8216;Longa noite de pedra&#8217; de Celso Emilio Ferreiro, libro clave para comprender a literatura galega contempor\u00e1nea. Este t\u00edtulo e o conxunto da obra fan referencia \u00e1 prisi\u00f3n padecida polo autor no Mosteiro de Celanova no 1937, por\u00e9n, al\u00e9n da dimensi\u00f3n anecd\u00f3tica ou persoal, esta longa noite de pedra tense identificado repetidamente coa longa ditadura franquista.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"JUSTIFY\"><span style=\"color: #000000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> O 15 de Outubro, como cada ano, o Concello participar\u00e1 nos actos en homenaxe aos asasinados na &#8216;Volta dos 9&#8217; en Baiona e celebrar\u00e1 o seu particular \u00e1s 12:00 horas no Xard\u00edn da Memoria (ao car\u00f3n do Pavill\u00f3n de Panx\u00f3n). O suceso tivo lugar o 15 de outubro de 1936, cando se executaron a nove veci\u00f1os do Val Mi\u00f1or (cinco deles de Panx\u00f3n) como vinganza e represi\u00f3n dos falanxistas polo suceso do d\u00eda anterior en Sabar\u00eds, cando no asalto das forzas nacionais \u00e1 casa dos irm\u00e1ns republicanos \u201cOs Ineses\u201d morreron estes, a s\u00faa asistenta Dolores Samuelle e tam\u00e9n un dos falanxistas. Horas despois os partidarios do golpe de estado colleron a nove veci\u00f1os de todo o Val Mi\u00f1or detidos na prisi\u00f3n do Front\u00f3n, en Vigo, e como vinganza, os fusilaron na curva de A Bombardeira, en Baiona. Durante m\u00e1is de 40 anos nove cruces apareceron pintadas nese punto como recordo dos falecidos e, a\u00ednda que as borraban e buscaron con esmero aos autores, estas sempre volveron a ser debuxadas. Hoxe o lugar \u00e9 un espazo para a memoria e as cruces se mante\u00f1en, agora impresas, como recordo de todo aquelo que sucedeu.<\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" lang=\"zxx\" align=\"JUSTIFY\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O CONCELLO DE NIGR\u00c1N ADICA OUTUBRO \u00c1 CELEBRACI\u00d3N DO &#8216;MES DA MEMORIA HIST\u00d3RICA&#8217; CON PROXECCI\u00d3NS, PRESENTACI\u00d3N DE LIBROS E DIFERENTES ACTOS Cada ano o Concello ofrece unha programaci\u00f3n especial neste mes por coincidir co aniversario de &#8216;A volta dos nove&#8217; Arranca o domingo coa proxecci\u00f3n da longametraxe &#8216;La trinchera Infinita&#8217; e se extende durante todo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":24423,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24422"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24422"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24422\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24501,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24422\/revisions\/24501"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24423"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24422"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24422"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24422"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}