{"id":17129,"date":"2019-04-10T17:25:12","date_gmt":"2019-04-10T17:25:12","guid":{"rendered":"https:\/\/www.nigran.es\/?p=17129"},"modified":"2020-05-08T17:47:35","modified_gmt":"2020-05-08T17:47:35","slug":"a-corporacion-de-nigran-acorda-os-cinco-galardoados-cos-premios-nigran-2019","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/a-corporacion-de-nigran-acorda-os-cinco-galardoados-cos-premios-nigran-2019\/","title":{"rendered":"A CORPORACI\u00d3N DE NIGR\u00c1N ACORDA OS CINCO GALARDOADOS COS &#8216;PREMIOS NIGR\u00c1N 2019&#8217;"},"content":{"rendered":"<p class=\"western\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: large;\"><b>A CORPORACI\u00d3N DE NIGR\u00c1N ACORDA OS CINCO GALARDOADOS COS &#8216;PREMIOS NIGR\u00c1N 2019&#8217;<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>Os premiados son no eido cultural \u00e9 a Asociaci\u00f3n Cultural Breog\u00e1n Valle Mi\u00f1or; no educativo &#8216;A Gali\u00f1a Azul&#8217;; no empresarial Rodosa; no deportivo o Club de xadrez Laroca e no social o Club Polideportivo Juan Mar\u00eda <\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>A decisi\u00f3n ser\u00e1 referendada no pleno do 25 de abril despois de que se acordase por unanimidade na Xunta de Portavoces<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"center\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>A gala, na s\u00faa oitava edici\u00f3n, celebrarase o 27 de abril \u00e1s 20.00 horas no Auditorio Municipal de Nigr\u00e1n conta cunha subvenci\u00f3n da Deputaci\u00f3n de Pontevedra<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><i><b>Nigr\u00e1n, 10.04.19-<\/b><\/i><\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> A corporaci\u00f3n<\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> de Nigr\u00e1n acordou por unanimidade na Xunta de Portavoces os cinco galardoados cos Premios Nigr\u00e1n 2019, cuxa gala se celebrar\u00e1 o 27 de abril \u00e1s 20.00 horas no Auditorio Municipal e que conta cunha subvenci\u00f3n da Deputaci\u00f3n de Pontevedra. A selecci\u00f3n, feita de xeito transparente entre t\u00f3dolos representantes pol\u00edticos, foi realizada grazas \u00e1s propostas realizadas previamente polos diferentes partidos, colectivos sociais, culturais e veci\u00f1ais do municipio, a quen o goberno local agradece a s\u00faa colaboraci\u00f3n. Esta decisi\u00f3n ser\u00e1 ratificada oficialmente no pleno do 25 de abril.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"> Deste xeito, nesta oitava edici\u00f3n ser\u00e1n homenaxeados no eido cultural a Asociaci\u00f3n Cultural Breog\u00e1n Valle Mi\u00f1or; no educativo a Escola Infantil &#8216;A Gali\u00f1a Azul&#8217; de Nigr\u00e1n; no empresarial Rodosa; no deportivo o Club de xadrez Laroca e no social o Club Polideportivo Juan Mar\u00eda. O xa consolidado acto institucional pretende ser un reco\u00f1ecemento p\u00fablico de todo o pobo de Nigr\u00e1n \u00e1 traxectoria dos premiados. \u00abSon entidades e persoas que co seu traballo, constancia e esforzo contrib\u00faen a por en valor a Nigr\u00e1n, facendo del un municipio m\u00e1is amigable e do que sentirmonos orgullosos, por iso se merecen este reco\u00f1ecemento\u00bb, destaca Juan Gonz\u00e1lez, alcalde de Nigr\u00e1n.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\">\n<p align=\"justify\"><a href=\"https:\/\/www.nigran.es\/wp-content\/uploads\/2019\/04\/Invitacion_Premios_2019_1.1_AF.pdf\">Invitacion_Premios_2019_1.1_AF<\/a><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"color: #800000;\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>OS PREMIADOS<\/b><\/span><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><u><b>Cultural<\/b><\/u><\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>: Asociaci\u00f3n Cultural Breog\u00e1n Valle Mi\u00f1or<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">A Asociaci\u00f3n Cultural Breog\u00e1n Valle Mi\u00f1or foi fundada en 1976 polo matrimonio nigran\u00e9s Gloria Costas P\u00e9rez e Teodoro de la Pe\u00f1a Barbosa. Hoxe en d\u00eda a integran m\u00e1is de trinta persoas de todas as idades (dende 5 ata 75 anos). Comezou como grupo de Baile Tradicional e pouco a pouco engad\u00edronse outras actividades para complementalo como o grupo de Gaitas e Percusi\u00f3n, o de Canto e Pandeireta, o de M\u00fasica con flautas e guitarras, o de Teatro e Mediometraxes, o de Danza-jazz e o de Bailes de sal\u00f3n, sete en total, nas que participa case todo o alumnado. A Asociaci\u00f3n, nestes 43 anos ininterrumpidos de existencia, percorreu moitas cidades e pobos de Galicia, Portugal, Sevilla, Madrid, Toledo, Asturias, Valencia, Barcelona e Tenerife. A base de Breog\u00e1n Valle Mi\u00f1or \u00e9 o estudio, o achegamento e difusi\u00f3n da cultura galega, concretamente da zona de Vilari\u00f1o. As s\u00faas danzas expresan tam\u00e9n momentos e costumes dos nosos antergos como as malladas, a pesca, a cavada das terras, os zapateiros, os afiadores que chegaban ao pobo, as leiteiras, as romer\u00edas&#8230;. Na nosa filosof\u00eda est\u00e1 o ofrecer a maior aprendizaxe posible e a accesibilidade. Actualmente, as fillas do matrimonio fundador, May e Glori de la Pe\u00f1a Costas, son as encargadas de manter e expandir o noso folclore e estilo tanto aqu\u00ed en Nigr\u00e1n, como en Espa\u00f1a; Eibar, en Europa; Basilea e Lausanne, e tam\u00e9n en Am\u00e9rica; La Habana, Caracas, Valencia, Maracaibo, Montevideo, Santos, R\u00edo de Janeiro, etc<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><u><b>Educativo<\/b><\/u><\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>: Escola Infantil &#8216;A Gali\u00f1a Azul&#8217;<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">A Escola Infantil &#8216;A Gali\u00f1a Azul&#8217; de Nigr\u00e1n, aberta no ano 2008 na r\u00faa do Panasco, \u00e9 a \u00fanica p\u00fablica de 0 a 3 anos do municipio e forma parte da rede de escolas infant\u00eds do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Dende o seu inicio no curso 2008\/2009, m\u00e1is de 800 nenos e nenas de Nigr\u00e1n pasaron os seus primeiros anos de vida neste centro no que traballan 16 mulleres, doce delas no eido estrictamente educativo. A Escola, que conta con coci\u00f1a propia e atende a unha media de 75 crianzas por curso, destaca pola s\u00faa constante innovaci\u00f3n pedag\u00f3xica e a s\u00faa apertura \u00e1 comunidade e \u00e1s familias, proba delo e a realizaci\u00f3n de moitas actividades conxuntas e a existencia dun ANPA volcada no proxecto educativo. As\u00ed, unha parella de profesoras por aula traballa cos cativos co obxectivo fundamental de estimular o desenvolvemento de todas as s\u00faas capacidades, tanto f\u00edsicas como afectivas, intelectuais e sociales dos nenos nun ambiente de respeto m\u00e1ximo, rico en est\u00edmulos e de apego para criar a persoas emp\u00e1ticas, tolerantes, intelixentes, divertidas, creativas\u2026 \u00abNon somos unha garder\u00eda porque non gardamos nenos, somos unha escola que traballa cuns obxectivos pedag\u00f3xicos moi definidos para facer nenos felices e aut\u00f3nomos\u00bb, insisten dende o centro.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><u><b>Empresarial<\/b><\/u><\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>: Rodosa<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">Rodosa naceu en 1971 da man do seu fundador e actual xerente, D. Prudencio Romeu. Por ent\u00f3n era un taller de mec\u00e1nica e chapa situado no centro de Vigo. A partir de 1973 inst\u00e1lase en Priegue, Nigr\u00e1n, pero non foi ata 1986 cando se vincula a Renault como axencia. Posteriormente, far\u00edao como concesionario oficial en 1990 e, en 2002, faise cargo da instalaci\u00f3n de Vigo, na Avda. de Madrid, e en 2011 das de Cangas do Morrazo, tam\u00e9n ten presencia en Ponteareas. O Concello de Nigr\u00e1n quere premiar a Rodosa pola s\u00faa gran disposici\u00f3n a colaborar en t\u00f3dolos eventos que se lle require, demostrando o seu compromiso firme con Nigr\u00e1n, e pola estabilidade laboral que ven ofrecendo a moitos veci\u00f1os do municipio. A firma destaca polo seu s\u00f3lido prestixio no sector, tanto pola s\u00faa traxectoria empresarial como polo respaldo das marcas que representa, Renault e Dacia. Hoxe d\u00eda a actividade de Rodosa desenv\u00f3lvese na venda de veh\u00edculos novos, veh\u00edculos de ocasi\u00f3n de todas as marcas e comerciais, as\u00ed como en servizos de mantemento, mec\u00e1nica, carrocer\u00eda, e venda de pezas de recambio e boutique Renault e Dacia. <\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><u><b>Social<\/b><\/u><\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>: Club Polideportivo Juan Mar\u00eda<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">O Club Polideportivo Juan Mar\u00eda naceu no ano 1992 ligado ao Centro de Educaci\u00f3n Especial Juan Mar\u00eda, situado en Parada (Nigr\u00e1n). Actualmente re\u00fane a 50 deportistas, principalmente de futbol sala e baloncesto, pero tam\u00e9n doutros deportes minoritarios como o ciclismo, e participan en diferentes competici\u00f3ns adaptadas, como os Special Olympics. Manuel Gonz\u00e1lez &#8216;Chapela&#8217;, presidente do clube dende hai 14 anos, enc\u00e1rgase de adestrar a estes rapaces e rapazas que compiten en equipos mixtos e con de idades comprendidas dende os 16 anos en diante. \u00abTemos deportistas de ata case 50 anos, de m\u00e1is idade xa \u00e9 complicado porque soen padecer problemas f\u00edsicos asociados que lles acurta a vida deportiva\u00bb, explica Manuel. A pr\u00e1ctica de exercicio xera grandes beneficios para todas as persoas e, neste caso en concreto, o Concello quere destacar o esforzo e entrega do clube para achegar o deporte as persoas con diversidade, xa que a s\u00faa pr\u00e1ctica dende a infancia \u00e9 un m\u00e9todo incuestionable para obter unha integraci\u00f3n social, unha autonom\u00eda e un af\u00e1n de superaci\u00f3n persoal maior.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><u><b>Deportivo<\/b><\/u><\/span><\/span><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\"><b>: Club de Xadrez Laroca<\/b><\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial, sans-serif;\"><span style=\"font-size: medium;\">O Club de Xadrez Laroca naceu hai 25 anos da man dun grupo de afeccionados que se reun\u00edan a xogar nunha cafeter\u00eda de devandito nome situada nas galerias de A Ramallosa e que xa non existe. Tres deses primeiros integrantes contin\u00faan activamente: Carlos Carreira, Tom\u00e1s Bern\u00e1rdez, Rafael Simoes e Jos\u00e9 Manuel Ara\u00fajo. Actualmente est\u00e1 formado por 50 xogadores federados dende os 6 ata os 55 anos que disputan a liga galega, tendo a s\u00faa sede nas dependencias municipais de Cotros (A Ramallosa, nas antigas escolas). Entre as s\u00faas estrelas figuran Mireya Represa, cinco veces campiona de Espa\u00f1a en distintas categor\u00edas e novena no campionato europeo; ou Ana Fern\u00e1ndez, campiona provincial feminina sub-16 e subcampiona femenina galega sub-18. Con especial atenci\u00f3n \u00e1 formaci\u00f3n dos m\u00e1is novos, o Club de Xadrez Laroca organiza cada ano diferentes torneos, destacando o memorial infantil &#8216;Dani Da Rocha Prol\u00b4, evento que rende homenaxe ao seu compa\u00f1eiro Dani da Rocha, falecido en 2011, e que re\u00fane a centos de mozos e mozas de toda Galicia no Pavill\u00f3n de Panx\u00f3n. A gran participaci\u00f3n neste torneo netamente infantil \u00e9 unha mostra m\u00e1is do notable e crecente interese polo xadrez en Galicia. A aparici\u00f3n nos \u00faltimos anos de novos clubs e escolas de xadrez que promoven esta disciplina, o incremento da oferta de torneos por todo o territorio e a posibilidade de que o xadrez sexa materia de libre configuraci\u00f3n son froito do convencemento dos beneficios que ten a pr\u00e1ctica do xadrez na mente de pequenos e maiores. Por todo elo, o Concello considera ao Laroca merecedor deste premio.<\/span><\/span><\/p>\n<p class=\"western\" align=\"justify\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A CORPORACI\u00d3N DE NIGR\u00c1N ACORDA OS CINCO GALARDOADOS COS &#8216;PREMIOS NIGR\u00c1N 2019&#8217; Os premiados son no eido cultural \u00e9 a Asociaci\u00f3n Cultural Breog\u00e1n Valle Mi\u00f1or; no educativo &#8216;A Gali\u00f1a Azul&#8217;; no empresarial Rodosa; no deportivo o Club de xadrez Laroca e no social o Club Polideportivo Juan Mar\u00eda A decisi\u00f3n ser\u00e1 referendada no pleno do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17129"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=17129"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17129\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17135,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/17129\/revisions\/17135"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=17129"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=17129"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.nigran.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=17129"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}