O CONCELLO DE NIGRÁN MANTÉN O FESTIVAL ‘VIVE NIGRÁN’ E O TRASLADA A MONTEFERRO DE XEITO GRATUÍTO
Será o 9 e 10 de agosto no miradoiro con con Isius, Querido e Rufus T.Firefly o primeiro día e Visions of Johanna, Arizona Baby e Hey Hematoma o segundo
A Deputación de Pontevedra excluíu por vez primeira ao festival da marca Rías Baixas Fest e, polo tanto, a organización vese na obriga de mudar de formato
«O festival reformúlase pero non por iso perderá a súa esencia nin a súa calidade», sinala o alcalde, Juan González
«A pesar destes desafíos, seguimos adiante cun espírito renovado e estamos encantados de anunciar a nova edición, que será máis Picnic Pop ca nunca», explica Juan Rivas, director do festival
Nigrán, 02/08/24.- O Concello de Nigrán mantén o ‘Vive Nigrán’ e o traslada de Lourido ao miradoiro de Monteferro para cumprir máis que nunca coa premisa de ser un ‘Picnic-pop festival’ de verán. Con este obxectivo, este será gratuíto e terá lugar o 9 e 10 de agosto no propio miradoiro a partir das 19:30 horas con Isius, Querido e Rufus T.Firefly o primeiro día e Visions of Johanna, Arizona Baby e Hey Hematoma o segundo.
Este cambio é debido a que a Deputación de Pontevedra excluíu por vez primeira desde o seu nacemento no 2017 ao festival da marca Rías Baixas Fest e, polo tanto, das devanditas axudas, asi que a organización veuse na obriga de mudar de formato e regresar a súa orixe máis familiar. Pese a este varapalo, o Concello de Nigrán mantén a súa aposta polo ‘Vive Nigrán’ e colaborará económicamente a través do financiamento da liña 2 do Plan ‘+ Provincia’ da Deputación, a maiores, a cervexeira Mahou manten a súa fidelidade como patrocinadora.
«Tiñamos claro que non íamos deixar de celebrar o ‘Vive Nigrán’ despois de anos de intenso traballo para consolidalo e para atraer a outro tipo de público. O festival reformúlase pero non por iso perderá a súa esencia nin a súa calidade», sinala o alcalde, Juan González, en referencia á subime localización no miradoiro de Monteferro e aos propios grupos seleccionados nesta X edición. «A nosa premisa segue a ser a mestura da
«A pesar de que cumprimos estritamente as esixencias de calidade da Deputación e do noso arduo traballo para proxectar unha boa imaxe de Nigrán e das Rías Baixas como destino musical e cultural, non fomos incluídos», lamenta Juan Rivas, director do Vive Nigrán. «A pesar destes desafíos, seguimos adiante cun espírito renovado e estamos encantados de anunciar a nova edición, que será máis Picnic Pop ca nunca. Este é un paso necesario para preservar a continuidade e consolidación do evento, polo que é unha oportunidade única de facer algo moi especial», explica.
Venres 9 de Agosto:
● Isius: Co seu estilo ecléctico, promete unha apertura chea de enerxía e creatividade. De feito, os compoñentes da formación viguesa sempre sinalaron a música dos catro de Liverpool como moi influente no seu traballo.
● Querido: Banda nova pop-rock con letras emotivas e influencias indie. Andrés
Ferreiro, fillo do cantante indie Iván Ferreiro, deixou a todos sorprendidos no
seu primeiro bolo acompañado da súa banda Querido. O mozo de 20 anos ten a mesma voz que o seu pai e unha potencial proxección sobre a que moitos apostan xa.
● Rufus T. Firefly: Rufus T. Firefly é a banda indie de Aranjuez (Madrid) liderada por Víctor Cabezuelo e Julia Martín-Maestre. A pesar da mocidade de todos os seus compoñentes, é xa un clásico dentro do percorrido de festivais indies. Coñecidos polo seu son psicodélico e atmosferas envolventes, pecharán a noite cunha presentación inesquecible.
Sábado 10 de Agosto:
● Visions of Johanna: Grupo vigués que fusiona o folk co rock, proporcionando un inicio de xornada suave pero potente.
● Arizona Baby: Co seu característico estilo acústico e letras introspectivas, o recoñecido grupo vallisoletano prometen unha actuación íntima e profunda.
● Hey Hematoma: Encargarase de pechar o festival coa súa enerxía punk rock,
asegurando unha noite de alta intensidade e diversión. A banda formada por tres ex-Siniestro Total revive o legado do lendario grupo vigués con Miguel Costas á cabeza.