Val Miñor Fest

O CONCELLO DE NIGRÁN CELEBRA DESDE O XOVES NA RAMALLOSA O FESTIVAL DA CERVEXA ARTESANA ‘VALMIÑOR FEST’ CON MÁIS DE 90 TIPOS DE BEBIDAS, CONCERTOS E XOGOS

O evento retoma o formato pre-pandemia con zona de xogos populares, concertos a diario, obradoiros, sesións beer-mú e food-trucks.The Liar Papers, El Pelotón de los torpes, Los Mortymer, Theree roosters, Los Pontiaks e Mala Herva tocarán nesta sexta edición

A firma local ‘Banda’ estará presente coa cervexa ‘Nigrán, Equilibrio Natural’, entre outras das súas marcas, e estreará a súa primera ‘Pilsen’ sen filtrar e unha radler (con limón)

Nigrán, 17.08.22.- As principais marcas de cervexa artesana de toda España volven a protagonizar desde este xoves 18 de agosto e ata o domingo 21 na Alameda de A Ramallosa (Nigrán) o ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival deste tipo de toda a comarca e que reunirá a cifra record de 90 tipos de bebidas. A gran novidade desta sexta edición é a volta ao formato pre-pandemia con zona de xogos populares, concertos a diario, obradoiros, sesións beer-mú e food-trucks. O evento, organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesanos y La ruta del lúpulo coa colaboración do Concello de Nigrán e a cervexeira local Banda/Trisk-Ale, foi presentado esta mañá na Alameda.

«Este festival encaixou especialmente ben en Nigrán porque, aínda sendo de cervexa artesana, está pensado para que o poida gozar un público moi familiar, e ademais o municipio é xa un referente neste eido grazas a Tirskale/Banda, coa fábrica en Porto do Molle», destaca o alcalde, Juan González. Así, todalas noitiñas haberá concertos de grupos de música da comarca (The Liar Papers, El Pelotón de los torpes, Los Mortymer, Theree roosters, Los Pontiaks e Mala Herva) e para maridar coa cervexa estarán presentes nove foodtrucks con diferentes propostas culinarias. A maiores, durante os catro días haberá tamén unha zona de xogos tradicionais e obradoiros infantís.

«Este ano contamos con 90 tipos de cerveza diferentes e destaca a presenza por vez primeira de marcas de gran nivel da comunidade de Madrid e a presenza de cervexas IPA de estilo americano que agora mesmo teñen moito tirón», explica Esteban Loureiro, portavoz da asociación e quen incide en que o obxectivo “é promover o consumo e o coñecemento deste producto artesano». Así, nesta sexta edición, a marca local Banda/Triskale estreará a venda ao público da súa primeria Pilsen sen filtrar e tamén unha tipo radler (con limón) ademais de acudir con toda a súa variedade de producións, entre a que non faltará a cervexa ‘Nigrán, equilibrio natural’ en botella e en barril.

As firmas de cervexa artesana que estarán presentes son Banda (Nigrán), Nos (Vigo), Tenta Brewing (Aranjuez), Bubela (Lugo), Dos Dingos (Madrid), The One (Sanxenxo), Bacterio (Madrid), Go (Madrid), Atlántica (Rendondela), Áncora (Ourense) e Albufera (Vallecas).“Tódalas marcas terán prezos máis baratos que o habitual e haberá para tódolos gustos: cervexa rubia tradicional, suaves ou de máis gradación…”, explican. Como é habitual, degustaranse nun vaso de vidro especial conmemorativo desta sexta edición.