A cultura é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento das sociedades que progresan libres, democráticas e colaborativas. Apostamos por realizar actividades durante todo o ano coa máxima colaboración coas entidades socio-culturais do municipio. Sabemos que o turismo, unha das grandes actividades xeradoras de emprego e desenvolvemento económico de Nigrán, preserva o patrimonio cultural e natural ao tempo que potencia intercambios culturais que forman parte da nosa identidade, por iso é tamén a nosa gran aposta.
Queremos un Nigrán do que sentirnos orgullosos, por iso as persoas deben ser o eixo de todas as nosas políticas, primando sempre a igualdade entre todas elas, gran obxectivo deste goberno. Asemade, buscamos un Nigrán onde a xuventude, verdadeiro futuro de Nigrán, non teña que mudarse a outros municipios e viva feliz aquí.
Ana Pérez Pérez (ana.perez @ nigran.org)
Concelleira de Turismo, Cultura e Igualdade