SOLPOR MONTEFERRO

‘SOLPOR MONTEFERRO’ REGRESA ESTE VENRES E SÁBADO COMO DESPEDIDA DO VERÁN NIGRANÉS
Trátase da primeira ocasión en que, ademais de en xullo, se celebra en agosto. A entrada, coma sempre, é de balde.

O Concello de Nigrán destaca o fascinante solpor no
miradoiro de Monteferro, acompañado pola envolvente
música dos mellores grupos locais á partires das 19.00
horas

Os protagonistas desta nova edición, que terá lugar venres 25 e sábado 26
dende as 19.00 horas e de xeito gratuíto, serán: Visions of Johanna Band,
Two Many Villains e Gain Over na primeira xornada, eo músico madrileño
Saguar, Family Folks e Tonichi e Pacheco na segunda.
A música está de volta no mellor escenario do mundo, o miradoiro de
Monteferro, coa sexta edición do Festival Solpor Monteferro, os días 25
e 26 de xullo.
Tal como surxiu en 2017, o obxectivo permanece inalterado: gozar ao
aire libre nun entorno privilexiado, no miradoiro de Monteferro, un
escenario de fronte ao Atlántico que regala as vistas máis impactantes.
Neste enclave singular, diante das Illas Estelas, entre as caricias da brisa
mariña e os aromas do mar e da montaña, a caída do sol ofrece unha
oportunidade para vivir experiencias musicais enriquecedoras.
Un xeito único de gozar dun concerto, prestando atención ao noso
contorno e mergullándonos no ritmo das ondas e nas mellores
actuacións en directo.
Solpor Monteferro é unha experiencia musical para disfrutar con
tranquilidade. Solpor Monteferro conta un ano máis co apoio de Cervezas
Alhambra. A cervexeira convida a saborear as súas referencias ao
compás das mellores propostas musicais nun entorno único que converte
ao festival nunha experiencia musical para gozar sen présa e cos cinco
sentidos.
O Concello de Nigrán, coa colaboración da Xunta de Galicia, quere
destacar a beleza e a vivenza nun lugar tan espectacular como
Monteferro, proporcionando ás bandas locais e emerxentes a
oportunidade de promover o seu traballo no mellor dos escenarios.
Venrnes 25 agosto
Visions of Johanna Band 20.00 a 21.00
Two Many Villains 21.30 a 22.40
Blue Monk 23.00 a 00.10
Visions of Johanna Band
Visions of Johanna (nome tomado dunha canción de Bob Dylan)
comezou como un proxecto de Paul Clarke e Jorge Lorenzo xurdido
durante o verán de 2020. Despois dun tempo actuando como dúo no
verán de 2022 pasan ao formato grupo coa incorporación de Mario
Rivergood ao baixo e Jose Calvo á batería.
Ecos de The Beatles, Bob Dylan, The Jayhawks ou Neil Young. O disco e a
banda foron presentados en directo o 5 de novembro de 2022 na sala
Sinatra de Vigo.
Durante 2023 continuaron presentando en directo os temas do seu disco,
publicaron o seu primeiro videoclip, foron gañadores do concurso de
bandas Rock in Río Tea e formaron parte do cartel do mesmo festival.
Two Many Villains
TOO MANY VILLAINS é o proxecto de 4 músicos vigueses, unidos no
2020 pola súa paixón, para crear e desenvolver temas que conteñan
esencias de todo o que nos gusta: desde o pop dos 60′ ao rock dos 70′,
pasando polo soul, o country, o funky ou a música indie. De todo o bo
hase de aprender. Melodías atractivas, fondos de guitarras coidadas,
arranxos potentes de baixo e batería, segundas voces, coros e sós como
os que apenas se escoitan xa neste século XXI.
Blue Monk
Blue Monk é un trío formado por Alejandro Vilas (Batería), David
Prego (Baixo) e Pablo Prego (Guitarra e voz), reconocidos músicos
do Valmiñor que nun formato de power trío, fan versións de grandes
temas da historia do Rock and Roll levándoos ao seu terreo e dando
un show de auténtica enerxía rockeira !!
Saguar
Crees que existen persoas que che cambian a vida? para Saguar, Eric
Clapton. Un artista convertido en lenda sendo case un adolescente.
Escoitar os temas do album «Unplugged», o transformáron para sempre.
Como guitarrista e cantante leva anos en bandas de versións virando por
toda a Península. Membro da Greenwich Village como cantante e
guitarrista (banda residente da sala Honky Tonk), xunto a músicos da
talla de Basilio Marti (pianista de Antonio Vega,Los Secretos, etc, etc)
Formou dúo xunto a Joel Reyes e Nat Simons. Participou na gravación
das guitarras en “De Dioses y hombres” e “Sargento de Alambre”.
Colaborou con Pablo Martin (a 3ª República) formando dúo acústico.
Actualmente en promoción do seu álbum “Stories Vol.1” de son
tradicional americano (englobado no estilo “Americana”).. une o countryfolk nas súas composicións xunto a texturas de coros e voces da artista
Gaudea.
Sábado 26
Saguar 20.00 a 21.15
Family Folks 21.30 a 22.40
Tonichi y Pacheco 23.00 a 00.00
Family Folks
No seu último traballo “Naufrage” a banda viguesa Family Folks continúa
perpetuando un legado infestado de música de raíces cun alto contido de
pop, psicodelia, country, blues e unha ostensible actitude rock and roll
con reminiscencias dos sesenta e setenta a través de catorce magníficos
temas.
Unha vez máis, co mar como protagonista nunha clara alegoría ao
inevitable proceso de morte e renacemento en todas as ordes da vida, a
banda formada por Bosco Hill (voz, acustica, banjo e mandolina) , Rubén
Xuárez (voz, guitarra eléctrica e acústica, mandolina e banjo), Xabier
Vieitez nos teclados,Jorge Lorre baixo e coros, Rufus o Porco na batería
e coros, dan a luz un traballo que consolida unha traxectoria marcada
por unha evolución constante, cun espírito máis eléctrico e mesmo
experimental, onde instrumentos que adoitaban formar parte do catálogo
sonoro da banda en anteriores traballos, ceden protagonismo e son
substituídos por teclados, guitarras eléctricas ou mesmo o Theremin,
presente nalgúns temas, consolidando unha nova e interesante proposta
sonora nun directo que non deixa indiferente ao público.
Tonichi y Pacheco
Diego Pacheco e Xiñor Tonichi son dúas mùsicos con sobrada
experiencia e reconociemiento no panorama musical nacional, con 20
anos de experiencia ás súas costas e incontables concertos. Percorreron
escenarios por todo o mundo e compartido táboas con artistas da talla
de: Manu Chao, James Brown, Emir Kusturika, Kiko Veneno, Coque
Malla, Raimundo Amador, Los Enemigos,Los Secretos, e un longo etc.
O seu espectáculo conta cunha parte instrumental, na que deixan clara a
súa calidade musical con temas dos grandes guitarristas de sempre,
como Django Reinhardt , Paco de Lucía, ou clásicos tradicionais como
Zorba o Grego e Lles Yeux Noirs; e outra parte cantada, na que o
espectáculo crece aínda màs en intensidade e festa, con moitos temas
coñecidos por todos, nos que o pùblico implícase ràpidamente.
Flamenco, Jazz, Bossa Nova, Manouche, Pop, Rumba, Rancheira…
Virtuosismo, calidade e diversión. Un espectáculo absolutamente para
todos os públicos. “Un pracer para todos os sentidos”