Ropero Municipal
O Concello de Nigrán mantén operativo grazas ao voluntariado o Roupeiro Municipal. O horario habitual é os mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas sen necesidade de cita previa, e os venres de 16:30 a 18:00 só con cita previa no 98365055 (extensión 4 de 9:00 a 14:00 horas).
Calquera persoa pode acudir directamente no horario de apertura a doar ou recoller prendas, sexa ou non veciño do municipio, e as entidades sociais da área de Vigo que o precisen para os seus usuarios poden contactar a través do mail bibiana.peixoto@nigran.org.
O Roupeiro, situado ao carón do IES Val Miñor na rúa Paradellas, é un servizo creado no ano 2009 e único na área de Vigo polo seu carácter municipal, ofrecéndose prendas a calquera persoa independientemente do municipio onde resida e non sendo preciso ningún tipo de xustificación da necesidade porque tamén cumpre un obxectivo de sostibilidade ambiental ao darlle unha segunda vida á roupa.